jueves, septiembre 22, 2005

"¡¡¡Tss, tss, camareira!!!"

Sinto ter esto un pouquiño abandoado. Non teño xustificación. Tiven moitas cousas que facer pero podería ter quitado tempo para escribir algunha cousa e agora acumúlanse as vivencias cotiás. En primeiro lugar, quero dicir que xa estou totalmente recuperada das miñas placas. Saín de sábado a luns -as festas do Patio son cita ineludible- e admito que levei escote. Non levo ben o de que rematase o verán. Amo o verán, sobre todo pola roupa. Non me gusta vestirme e no verán son tan feliz... Sempre ando medio desnuda. Enfúndome unha falda e unha camiseta e andando. Non soporto que as tendas, a estas alturas, estean cheas de roupa de verán pero con cores de outono para despistar. Porque vai comezar outubro e eu sigo comprándome camisetas de sisas. Deixando as miñas indignacións superficias de lado, exclamarei un bravo polas festas de Sta Cruz. Paseino xenial. Vin a xente que tiña moitíiiiisimas ganas de ver, que boto de menos. Entereime de que unhas das miñas mellores amigas está esperando un bebé. Case choro. Alegroume saber que a todas lles vai moi ben porque as quero tanto... É unha alegría que me enche o corazón. Cóstame aceptar que, pouco a pouco e sen darnos conta, a vida nos vai levando por camiños diferentes, pero momentos coma eses son un bo contrapeso a outros de melancolía. O próximo luns será un día deses de comida-merenda-cea, de lembrar e compartir con persoas que son parte de min. O xoves marcho de viaxe. Vou a Madrid uns días cunhas amigas antes de partir cara Budapest. Non teño tempo de facer a maleta, porque esta finde teño que traballar. Debuto como camareira na comisión de festas. Hoxe fun comprar equipamento: un abridor para levar colgado do pescozo. Teño medo. É un reto persoal. Se paso a proba, é dicir, se consigo atender e cobrar a todo o mundo de modo organizado sen perder a calma, abrir as coca-colas en décimas de segundo sen tirar con elas e sen poñer cara de esforzo, se non me equivoco á hora de servir o alcohol e controlar as medidas, e todo iso sen perder o sorriso e sen deixar de estar perfecta, empezarei as xestións para convertirme na nova propietaria de Metro que é un negocio que me interesa. Xa vos contarei, xa...

12 comentarios:

*Sara dijo...

1º) Fun testemuña do teu escote e de como o pasaches nas festas... jojojo.
2º) Fun testemuña da túa alegría por atopar e saber desas amigas túas. O bonito é saber que seguen aí a pesar de que o tempo pasa e a vida con el...¡Aproveita o luns ao máximo! :)
3º) Tranquila polo de traballar como camareira... leva un escote deses "exuberantes" (XD) e xa está!! Os paisaniños estarán encantados de que che leve unha hora aproximadamente poñerlles un cubata... Comentarios machistas-bromistas á parte, seguro que peor ca min non o vas facer...¡E cos nosos abridores-fashion e paciencia triunfaremos!Xa verás...
4º) Non sei por que che deixo sempre comentarios. ¿Canto hai que non me deixas ti un a min, eh? ¡Van sendo horas! ¿Teño ou non teño razón? Non sexas mala, anda...:"(

fonsinho dijo...

Eu estarei apoiando do outro lado da barra facendo comentarios machistas-bromistas...jajaja.xa teño ganas de ver os abridores fashion. seguro que o facedes moi ben.
bks!!

Elianinha dijo...

-Donde vas poñerte de super camareira? A ver se che saco unhas copas.
-Ogallá que pilles metro e deixemos de ter que consumir garrafón.
-A Madrid me vou de reenganche, toda mazadísima (espero) así que se me ves en Barajas con ojeras, co rímel corrido e con un vaso de tubo na man, non te extrañes.

Marla Singer dijo...

Ai!!! A ver, canta roupa vas levar Mariquiña?? Porque claro ti es desas que ten fondo de armario (eu non teño cartos e cada dous por tres fártome dalgunha peza de roupa e desfágome dela, e ó non ter cartos tardo en repoñer). A min encántame a roupa de outono e inverno, máis que a de verán.
Pídoche que me fagas máis ou menos un croquis en plan partes de arriba e partes de abaixo (sen contar roupa interior claro)

María M dijo...

De pantalóns levarei básicamente vaqueros, que é o que uso. Tres largos e dous piratas. Unha falda e outros dous pantalóns cómodos. Despois, partes de arriba, levarei todo o que me quepa: camisetas -dúas por día, xa que se supón que saíremos pola noite-, chaquetas de entretempo, algún xerseiciño e algo de abrigo. De calzado, uns tenis, unhas botas, uns zapatos e outra cousa cómoda. Creo que así está ben. De todos modos levarei algo máis porque eu vou botar tres días e medio en madrid. Teño que deixar sitio para traer cousas porque eu son das que arramplo con todo canto hai nas oficinas de turismo, nos hoteis e en todas partes. Estou contenta porque a regla non se ven conmigo e teño moito medo de que me perdan maleta.

Marla Singer dijo...

Redios!! Levas o armario case!!! Eu non penso saír tódolos días pola noite, basicamente porque se non durmo estou de mala hostia ó día seguinte

Anónimo dijo...

ai dios o traballo de camareira....non teño eu moi bos recordos e teñome q poñer a currar outra vez ( unha q é independiente) o das botellas de alcohol ten truco, levaas xa un pouko abertas e asi nn pos cara de esforzo e o dos refrescos...trankila q é cuestion de abrir abrir e abrir e moi mecaniko :)

Por certo, entendo o mal q o pasaches cas placas, eu tivenas en agosto, e paseinas p.... parecia un papón, sin pescozo e sin nada ...vamos q nn habia diferencia.. grrrrr teñoas q kitar, á merda cas amigdalas! xDD

weno despois de esta parrafada despidome xa q vaime mal , muakss

Marla Singer dijo...

A ver se renovas que tanta festa!

*Sara dijo...

Síntoo, pero quedamos sen post de Mariquiña ata que volva do Paso de Ecuador. Así que ata partir do día 9 do mes que vén, nadiña... :)

Anónimo dijo...

Xa vexo pero ata o día 2 non nos vamos e tempo tiña de renovar!

Anónimo dijo...

oisss xa contaras q tal de paso de ecuador,,,q envidiaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa

Anónimo dijo...

Where did you find it? Interesting read »