"LUBA TV pretende ser unha plataforma visual para que a mocidade poida presentar e difundir o seu traballo nos terreos da arte, o deporte, a música, a dramática, a danza e outras disciplinas.
O programa parte como elemento central da liga universitaria de baloncesto, que se celebrará no pavillón de deportes do campus vigués, desde onde o presentador Raúl Piñeiro guiará o programa para enlazar logo coas distintas actividades artísticas que se amosen. Esta novidosa Liga, na que os equipos son mixtos, conta coa colaboración dos tres campus galegos e do portugués de Porto, iniciando así a primeira liga televisiva universitaria galego-portuguesa.
O baloncesto serve a LUBA TV como reclamo para conectar coa mocidade galega, a través dun deporte dinámico que ten unha imaxe positiva. Como premio, o programa entregará ao equipo gañador unha viaxe a EE.UU. para asistir a un partido da NBA.
Mergullando nas materias artísticas que toca o programa, a música apostará polos valores da cultura autóctona, polos grupos galegos e portugueses; o baile atenderá a distintas formacións de danza moderna; os duólogos presentaranse como unha especialidade cómica para a crítica e o humor, cuxos intérpretes se seleccionarán dos tres campus galegos, e tamén haberá reportaxes sobre o deporte base. O novidoso espazo tamén dará oportunidade a un equipo de xente allea ao programa para que filme a súa visión do que sucede nunha gravación de LUBA TV, que exercerá como director convidado."
"(...) na sección duólogos, dous estudantes de Xornalismo, María e Eliana, e un de informática, Alfonso, terán a oportunidade de amosar o seu talento;"
E amosado quedou. Menudo taslento. O meu telefón non deixou de soar en toda a tarde. Tiven ofertas de tódalas productoras galegas e algunha que outra que chamaba dende Madrid. Terei que contratar a un representante porque non dou feito. En fin... Estou contenta. Non estivo mal para ser a primeira vez. Xa pasei 40 veces a gravación no vídeo esperando que na próxima peche un pouco máis a boca pero non hai maneira. "Ti tes moita expresividade na cara e moita desa expresividade é gracias á boca" (Sara dixit). Adoro a esa xente que convirte os defectos en virtudes. Os meus, claro. Miña irmá capturou moitas imaxes no ordenador e hai algunhas que non teñen perda. Hai unha que titulei "extreñida" e a outra púxenlle "Alien Resurrection" pero non as vou poñer porque me da vergonza. Para compensar poño a serie "Abre los ojos" e dedícolla a Alfonso que saberá porqué e a Raúl que ó mellor non se lembra. Non sexades crueis cos comentarios que fixen un gran esforzo por amosarvos o meu talento. En serio, son boa actriz.
Para os que non tivestes ocasión de vernos e vos interesa, o vindeiro sábado ás 4:25 PM podedes poñer a galega e deixar que os "valores da cultura autóctona" ou os "novos talentos galegos", como prefirades, entren nos vosos fogares. Interésame a vosa opinión.