![]()
Ola olita!! Despois dunhas mini-vacacións blogueiras, motivadas polo desexo de formarme unha opinión verbo da miña experiencia como xornalista en prácticas de Galicia Hoxe, aquí estou de novo para ilustrarvos coas miñas venturas e desventuras. O caso é que, neste momento, o traballo é o centro da miña vida, sabía que escribir aquí significaría falar do tema e non quería aventurarme, pois, a gritar aos catro ventos o feliz que son, por temor a que todo fosen castelos no aire. Pero sí. Estou feliz e contenta. Despois de 15 días -un cuarto do tempo que botarei en GH- podo decir que son afortunada. Nunca me vira traballando nun xornal pero descubrín que me gusta escribir, a min, que son de natureza cotorra. O de escribir sempre estivo ligado na miña mente ós pensamentos máis íntimos e persoais, aos desafogos da alma, ou ás plumas ilustres capaces de contar historias que mereceran a pena. Ao primeiro estou afeita e para o segundo non teño talento. Pero sí, descubrín que me gusta escribir, a pesares desa gran ausencia, esforzarme porque as miñas palabras cobren sentido colocadas unhas detrás doutras. A sección para que o fago, chámase "verán". Temas amenos e sen gran trascendencia nos que dende o primeiro día me deron liberdade e capacidade de decisión. Son autora, son creadora e asino o meu traballo. Tamén "pico" notas de axencia como din alí, e tamén me gusta. O importante é aprender e saber de todo. Tiven moita sorte cos compañeiros, pero sorte sorte, con Marga, a miña xefa máis directa. É doce, amable, comprensiva... é un amor. Alí non somos unhas traballadoras máis, non deixamos de ser becarias e non no mal sentido, senón todo o contrario. O noso traballo respétase e considérase profesional, pero non hai unha presión que afogue. Saben que estamos entrando en contacto con ese mundo, que estamos aprendendo e adáptanse ó noso ritmo. Nós, esforzámonos por adaptarnos ó ritmo dos que xa saben, todos poñemos da nosa parte e sinto que me alegro do que me tocou, do lugar onde fun dar. ¿Que fixen este tempo? Pois fixen tres entrevistas, unha reportaxe, unha primeira para verán, a axenda, novas e breves para sociedade e nacional, o comentario da foto do día... Hai cousas que me motivan máis que outras pero nada, nada, me repugna. Polo demais, o horario, é perfecto, de 4:30 a 9 (PM, jeje), traballo sábados e domingos alternos pero non me queixo. Podo durmir pola mañá e saír pola noite. A redacción é na zona vella e pasear cada día por alí, á noitiña, cando a calor xa non abafa, é un pracer que descoñecía. As festas do verán agárdannos e non temos que renunciar a elas, outro dos grandes praceres desta época. A praia, vémola pouco, pero cando podemos, coma esta fin de semana, fuximos e gozamos ao máximo. En fin, que a vida pode ser maravillosa... |
jueves, julio 20, 2006
A vida pode ser maravillosa
sábado, julio 08, 2006
Milagros de la tecnología

Desde la distancia que permite una mayor objetividad y desde la más absoluta de las modestias he de reconocer que la chica de la foto es guapa, un bellezón diría yo, a pesar de lo rojo de sus ojos y del amigo espontáneo que siempre acaba fastidiando esas fotos únicas e infieles a la realidad que la gente de los chats utiliza para engañar a los demás. Y no es que sea fea pero esta vez la cámara me ha querido mucho mucho demasiado. Os perdono que hoy no me dejéis comentarios.
¿Sola en casa?

martes, julio 04, 2006
Fotos
![]() |
Hoxe toca publifotoreportaxe. Máis fotos, boas fotos, en www.fotolog.com/mariquinhass/. Non deixes de ir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)