Alba, eu e María recén levantadas
As tres nas Fragas do Eume. Alí, por sorte, non chegou o lume
Quero poñer a andar o que levo dentro. Non quero olvidarme do que un día sentín, pensei, soñei...Quero ver como cambio e como cambia o mundo ó meu redor.
Alba, eu e María recén levantadas
As tres nas Fragas do Eume. Alí, por sorte, non chegou o lume
Estamos de aniversario. Quen me ía dicir a min que esto seguiría en pé logo dun ano! Síntome contenta de ter creado esta páxina que me 'obrigou' a escribir e evitou unha oxidación nada desexable. Só quería dar as gracias a todos os que pasastes por aquí e deixastes unhas letras e tamén aos que fixestes aumentar cada día ese número que marca o contador. Eu seguirei no mesmo sitio por min e para 'vós'. Veremos que nos agarda este ano que comeza... xa!! :)
Estaba vendo a tele cando chegou miña nai á casa correndo. Era arredor da unha da mañá. Vía o especial contra o lume que botaban na galega. Arde a terra máis verde, a nosa terra. No programa estaban Barreiro Rivas, Manuel Rivas e máis xente tentando atopar respostas ao que está a ocorrer. Lumes provocados por incendiarios, xente con trastornos, tolos. Lumes para limpar leiras, lumes para ver marcos, lumes para renovar pasto para o gando, lumes de vinganza entre veciños, lumes por descoido, por unha barbacoa mal apagada. Tamén lumes a mala fé. Lumes intencionados ou non intencionados pero sempre provocados. Hai quen fala de mafias organizadas porque é inexplicable tanto lume tantos días ás mesma horas. Madeireiras que así conseguen materia prima barata, constructoras que gañan terreo edificable... "Recalificadores primarios de solo urbanizable" di Forges nunha viñeta. Non parecen estes os principais sospeitosos xa que as terras non se poden recalificar tan axiña. Considero máis probable o que din outros de que hai sectores dispostos a crear unha atmósfera de psicose entre os galegos e provocar un malestar que afecte ao governo. Por outro lado, o lume que prende nos medios de comunicación chama sempre por máis lume porque son moitos os ignorantes que desexan ver como a súa obra acada repercusión pública. Imos acender un pouquiño por aquí, a ver se sae na tele.
O valor das coisas não está no tempo em que elas duram, mas na intensidade com que acontecem.Por isso, existem momentos inesquecíveis, coisas inexplicáveis e pessoas incomparáveis.
Fernando Pessoa