miércoles, marzo 29, 2006

Lunares

o o o o o Me encantan los lunares. Los estampados de lunares. Porque los lunares en la piel no me gustan. Y estoy de suerte porque ahora se han puesto de moda. Quiero unas catiuscas de lunares, camisetas de lunares, unas converse de lunares, incluso quiero ir a Sevilla y comprarme una gitana con vestido de lunares o o o o o

viernes, marzo 10, 2006

A facultade

Por aquí me ando. Na miña facultade. Este é o edificio que nos últimos catro anos foi testemuña de... min. Cando a vin por primeira vez, pensei que non puidera ter escollido mellor o que quería estudar porque me pareceu perfecta. Preciso de días de sol para ser feliz, ou para sorrir máis se cabe, e tamén necesito lugares bonitos nos que pasar o tempo. Os días e lugares tristes e deprimentes provocan que me sinta mal. E xa sei que son emocionalmente inestable, pero o certo é que os "antros" provocan efectos en min nada desexados. Por iso pensei que era perfecta. Luminosa, elegante, ampla pero ó mesmo tempo acolledora, limpa e, aínda por riba, de deseño. Siza sabía que eu estudaría xornalismo. A verdade é que teño pasado moito tempo aquí, aínda que cada vez menos, todo sexa dito. Na resoante cafetería de Suso, co seu particular tempo de reverberación; nas aulas, coas súas cadeiras imposibles; nos estudios de radio, xogando a ser algo; nos pasillos, baixando e subindo rampas todo o día; en reprografía, con Esther e o seu eterno bo humor; e ata na herbiña retozando namorada ou comendo "unheladodelápiz". Sei que a botarei de menos porque á fin e ó cabo, levouse moito de min.

jueves, marzo 09, 2006

A dieta

Hai dúas cousas sen as que non podo vivir: unha é o chocolate e outra a coca-cola. Pero dende o luns estou aprendendo a seguir adiante sen elas (aínda que poderei permitirme o luxo de cando en vez). Iso sí, o de buscar imaxes en google foi unha auténtica tortura. Aínda así, alégrame saber que estou comendo sano, sano. A ver se consigo un cuíño xeitoso e o famoso ventre plano de aquí a dous meses. Aínda que supoño que acabarei sen tetas e sen cara porque un sempre adelgaza onde menos lle fai falta. A ver...
Peso actual: 54,6 kg

jueves, marzo 02, 2006

Cero

0

Y así se sentía ella. Un cero a la izquierda para él. " À gauche", pensaría, porque estaba estudiando francés. Y eso le dolía. Le dolía mucho.