
jueves, septiembre 28, 2006
Cartel ou cartaz?

sábado, septiembre 23, 2006
Yo quiero ser una chica de moda...
sábado, septiembre 09, 2006
Cantos soños xuntos nestas imaxes... Soños que só se cumpren en parte ao apagar a luz, deixar que o aire entre pola ventá e pechar os ollos para sentir o que algúns chaman voar. Só así, os campos de millo se converten nos tellados de París, esta habitación nesa bufarda de ensoño na que pode lerse 'Chambres a la journée', o feble brillo das farolas nos resplandecentes neóns do Moulin Rouge e mesmo esa voz semella susurrarche ó oído que te amará ata o final. Ás veces é bo voar, aínda que despois te des conta de que non é máis que unha forma de botar de menos moitas cousas. Ese lugar que para ti é máxico e prometido ou aqueles días nos que chorabas ao sentir que o mellor que che pode pasar é amar é ser correspondido. 'The greatest thing you'll ever learn is just to love and be love loved in return' (http://moulinrougemovie.com/mr.htm)
sábado, septiembre 02, 2006
Un gran verán
Comeza un novo mes e eu comezo outra etapa da miña vida. Hoxe é un día triste para min, de olladas perdidas e de intensas ganas de chorar por momentos. Onte despedinme de Galicia Hoxe, dos compañeiros do 'galego', e tamén do 'castelán', El Correo Gallego. Despedinme das redaccións polas que durante dous meses paseei na busca dalgún sitio vacío, despedinme do InCopy e do sistema e despedinme da miña sección de verán, que hoxe xa desapareceu da edición electrónica do xornal. Só teño palabras de agradecemento para todas e cada unha das persoas que compartiron algún momento conmigo neste tempo, porque entre todos me fixestes sentir que 'aquí' estaba o meu lugar e que 'esto' é o que eu quero ser de maior. Lévome moitas cousas do meu paso por Galicia Hoxe. Aprendín moito neste diario que, aínda que pequeno, foi unha boa escola para min e o primeiro achegamento ao mundo real do xornalismo. Síntome feliz de ter escrito en galego e ao meu xeito, sen máis esixencia que a de contarlle as cousas á xente o mellor que sei. Lévome todos os meus traballos, os meus primeiros traballos publicados, e todo o que me ensinaron as persoas que entrevistei e coas que conversei. Lévome tamén amigos como Marga, coa que compartín todo nesta experiencia, traballo e amizade, Paty, a miña compañeira de fatigas e viaxes accidentados, Alba, fiel ás noitiñas de tapas e noites en busca do amor, e Arturo, un sol que estivo aí desde o primeiro día. Lévome moito cariño e moitos risos de Pais, o mañico de deportes, as bromas e conversas sobre teatro de Héctor, os sorrisos de Rebeca, Laura, Raquel, Carmen, Dani, Carmen Lois, Cris e Vanessa, a cortesía de Antón Lopo (e os libros que me regalou), as dudas resoltas dos lingüístas que soportaron as miñas visitas continuas, e tamén me levo a Raúl que chegou ao final pero chegou. E todos, todos, os recordos, a ilusión que me devolveron e a sensación de que sempre serei ben recibida alí. Gracias a todos por facer que un verán sen praia e sol fose un gran verán.