jueves, septiembre 15, 2005

¡...ago en la ...uta!

¡Ay, que maliña que tou! E comunico que esta afirmación só se sostén nun 5% en mimos. Nun 95% baséase en feitos reais. O meu diagnóstico é: faringoamigdalitis. Pero para que os meus lectores entendan direi que, según a médica que me recoñeceu, teño "unhas boas placas". Placa, placa. Fun onte por urxencias á Rosaleda. Hai un centro médico preto da miña casa -por certo, alí traballa meu pai- pero non me fío. Non me fío dende que unha amiga miña foi alí con dor de barriga -era apendicitis- e o imbécil do médico lle dixo o que tiña eran mimos. A rapaza ingresou no hospital con peritonitis. Decidín que eu alí non vou. O caso é que non podo falar, nin tragar, nin durmir, nin nada. Non podo nada. A médica debeu pensar que era autista, porque eu intentaba articular palabra pero o que saía da miña boca era algo indescifrable. Acabou por dirixirse directamente a miña nai e ignoroume completamente o tempo que durou a consulta. Houbo algo que me desconcertou. Dixo: "Que beba abundantes líquidos no fríos. Cuando digo abundante me refiero a dos litros diarios aproximadamente" ¿Pero esta muller esta tola ou qué? ¡Non podo nin tragar o mililitro de saliva que se acumula na miña boca cada dous minutos, vou poder con dous litros de líquido! Ando todo o día escupindo no wáter -sinto ferir sensibilidades- e cando blasfemo só se me entende "¡...ago en la ...uta!". É un alivio ver que no informe médico pon: "No impresiona de gravedad". Menos mal. Porque se ademáis de parecer parva con estos ruidos que emite a miña gorxa, impresionara de gravedad, xa sería o colmo. Ahora quédame unha semana de antibiótico cada oito horas, de analxésico-antiinflamatorio para a dor e de Omeprazol para protexer o estómago do analxésico que parecer ser que é fulminante. Éche unha carallada. Esto foron as festas de Lestedo. Mañá teño actuación e non podo ir. E jódeme un cacho. Avisei a media vedra e a parte do estranxeiro para que me foran ver, e agora a que non vou son eu. Paradóxico, sí. Dende aquí deséxolle ¡moita merda! ós meus amighiños teatreiros. Facíame tanta ilusión actuar en Santa Cruz a pesares de non ser capital ;oD... E ademáis... Bótovos de -. Bueno, marcho que teño que ir escupir. BIKOS (a mellor obra de teatro do mundo mundial).

8 comentarios:

*Sara dijo...

¡Ai! Eu sei como te sentes... En xuño padecín o mesmo ¿lembras? E tamén estaba a piques de comezar os exames, eran as eleccións (iso si, fun votar con máis de 38 de febre) e tampouco puiden ir a unha das nosas actuacións.¡Que ...utadón,...utadón! XD Só me queda darche moito ánimo; o peor son os primeiros días, logo só te lembras de que estás mal porque tés que espertar ás tantas da mañá para tomar o antibiótico. ¡Ah! Xa podes ir tranquila ao centro médico: O ¿Doutor? W. A. E. está xubilado e o que agora ocupa o seu posto seica é moi bo. E nada, a ver se tan sequera podes vir vernos mañá a pesar da envexa, senón a poñerse ben para as festas do Patio. (Para quen non sexa de Vedra, que saiba que aquí case non hai fin de semana sen festa na redonda, jajaja).

Marla Singer dijo...

Iso é horrible. Miña nai soe ter a hostia de problemas de gorxa e fai pouco tivo un rollo similar e tiveron que pinchala. Pasou sen falar semana e media (co que fala miña nai!).
Espero que te recuperes que oito horas de bus a Madrid dan para falar dabondo...

fonsinho dijo...

..oder q ..utada, xa non vai ser o mesmo sen ti :( . A ver se podes vir a vernos, e dedicamosche esta funcion pa que te poñas ben prontiño. Karretillas de bikos!!

Elianinha dijo...

Pero se xa todos sabemos que estás ben, ou pensas que non me ía chivar de que xa te vin este finde con un escote monumental?????
Aquí o destapo. Isto é un... Escándalo es un escándalo, e non me digas que non é o que parece.

Marla Singer dijo...

Así que mellor saír a coller outra amigdalite que renovar o blog...xa xa...

María M dijo...

Podo explicalo...

Anónimo dijo...

You have an outstanding good and well structured site. I enjoyed browsing through it accessory computer cpu furniture holder Zyrtec dog commercials http://www.high-blood-pressure-0.info/hot-diamonds-in-florida.html High blood pressure pill for men Oxycontin+withdrawls Land rover sales service restoration Pimped out cadillac escades risks on fetus ativan

Anónimo dijo...

qhafqho ffe obirl blowjob movies

xmtgs!

dzvzf bzhpgo ebm cumshot