martes, septiembre 13, 2005

A miña terriña querida. Vedra

Miña casiña. Meu lar. Aquí é onde vivo. Esta é a terra que boto de menos cando estou lonxe. Pola que sinto morriña. Non me preguntedes que é unha desbrozadora, nin un gharabullo,... pero eu son de aldea. Son de Vedra. É aquí, onde coñecín ás mellores persoas do mundo.

7 comentarios:

*Sara dijo...

Estou contigo en todo, salvo en que a min si que me poden preguntar que é unha desbrozadora e un gharabullo, jajaja. Vedra é un lugar encantador, aínda que a simple vista a moitos non lle pareza máis ca unha simple "aldea". Dende o coche ao mellor custa aprecialo, pero penso que Vedra é un lugar para patear. Para perderse polos centos de pistas que levan a quen sabe que lugares, ou para coller a carretera principal e ir vendo o que queda a un lado e a outro, a liña do horizonte flanqueada polos montes, as paisaxes tinguidas de mil verdes diferentes, o legado artístico que nos deixaron os nosos ancestros polas diferentes parroquias... Por non falar da xente, que está mal dicilo porque eu son de aquí, pero a maioría merece a pena, jajaja. Hai moitas señoras cotillas, pero imaxino que iso pasa en tódolos lugares.
En fin, qué vos vou contar se o mellor é que, quen non coñeza Vedra, se decida a vir. Senón, velaí tedes a web que deixa Mariquinha para ir facéndovos unha idea.

fonsinho dijo...

cada dia mais linda mais linda, cada dia mellor e mellor..jajaja.Pero sin duda o mellor sitio de vedra é Santa Cruz!

*Sara dijo...

Bueno, si... Iso é o que pensades os de aí... Ademais, non me sexas separatista, anda. Eu referíame a Vedra no seu conxunto e xa me vés ti con eses rollos. :P ¡Vedra é preciosa toa,toa,toa! Cada parroquia ten os seus encantos.

Marla Singer dijo...

Como non vas saber o que é unha desbrozadora ou un gharabullo, muller! jajajajajajajajajajajajjajajajajaja
Por certo, este venres teño cea con amigas en plan reunión para desafogarnos e botar unhas risas, só actúas venres??

Marla Singer dijo...

Por certo, eu tamén son bastante inestable emocionalmente e sei que é unha putada. Qué tal os exames Mariquiña?'

María M dijo...

Non podo actuar este venres. Teño unhas placas na garganta que te cagas polas bragas. E tampouco me podo presentar ós exames que me faltan por idéntica razón. Só fixen un, o de audiencias, e saiume ben. Cando volvamos actuar por aquí cerca xa te aviso con tempo. O de desbrozadora e gharabullo é verídico. Agora seino porque mo explicou miña prima, pero recén chegada da gran cidade -Riveira ;0D- non tiña nin idea.

Marla Singer dijo...

jajajajajajaja ai Mariquiña! Cóidate, que vexo que as noites de Vedra fan estragos na saúde.