miércoles, mayo 23, 2007

Buff, como pasa a vida!

Hoxe éa 23 de maio así que cumplo 23 primaveras. Estarei pechada en Fontao 23 ou o que é o mesmo, na miña casa, tooodo o día. Teño 23 motivos para saír a pasear e tan só un para quedar, lecer contra deber. Espero que me deixedes polo menos 23 felicitacións que ben as merezo!! OU?

martes, mayo 22, 2007

A decimoterceira

Pois sí, como fotógrafa non oficial do acto de licenciatura da 13ª Promoción de Xornalimo permítome o descaro de publicar algunhas imaxes antes de que o faga esta rapaciña que o sábado recolleu un diploma entre a centea. Pero estade atentos, que se aveciña unha crónica para deter a ollada naquel mundo á parte. Porque foi un día que desafiou á superstición, que fixo chorar incluso ás que xa tivemos o noso día especial. Será porque aquel non o foi tanto. O que eu vin nese auditorio foi a un grupo de compañeiros unidos por estes catro anos de carreira. Nos vídeos, nas fotos e alí mesmo, todos puidemos velo. Sentín envexa porque na anterior estivemos moi lonxe de todo iso pero así é a vida. De todos modos alégrame non sentirme totalmente allea á decimoterceira. Felicidades a todos e todas!!

sábado, mayo 19, 2007

Sariña licénciase

Hai tempo que quería subir esta foto que lle fixen a Sara. Hoxe é un día especial para ela porque se vai vestir de princesiña e vai compartir o día, e a noite, con todos os seus compañeiros de promoción. Os mesmos que, coma ela, decidiron hai xa catro anos que querían ser xornalistas ou polo menos estudar unha carreira para aprender a selo. Dende aquela convertíronse nunha familia -sabemos que a ONU recoñece distintos tipos- e iso ben merece unha celebración como a de hoxe. Así que, pequerrecha, goza deste día, dos teus compañeiros, loce o teu vestido e o teu sorriso e non penses que é unha despedida porque ao final todos acabaremos no mesmo sitio, nunha rolda de prensa ;) Guapa! P.D. Ahora que o penso o título da entrada parece de peli X, jeje