O corazón encollido. Cando che pasan por diante dos ollos cinco anos importantes da túa vida. Cheguei alí por casualidade. Tiña 18 anos e nin pola cabeza se me pasaba todo o que ía vivir neste lugar e o que ía significar para min. Os días máis felices da miña vida, e os máis tristes. E tamén todo o que está entre eles. Emoción, medo, nervios, satisfacción, inseguridade, alegría, indignación, admiración, decepción, risas, sono, pánico, desorientación, nostalxia, amor, cariño, frío, sorrisos, dúnidas, sorpresas... Momentos que nunca esquecerei, para ben e para mal. Días que me cambiaron, que me ensinaron, que me convertiron no que hoxe son e me deron moito do que teño. Non vos imaxinades todo o que me levo deste tempo. E sei que a miúdo me queixo de como foron as cousas, quizáis porque as imaxinaba distintas, pode que mellores. Moitas veces me deu a impresión de que debín aproveitar máis estes anos, que me perdín cousas por non estar ao cen por cen onde tiña que estar e ter un pé aquí e outro ninguén sabe onde. Puiden telo feito mellor pero fíxeno así. E a partires de hoxe non me vou lamentar. Porque me sinto orgullosa do que conseguín e porque cada vez que volto a vista atrás, coma hoxe, vexo nese lugar a miña casa e sinto morriña dela. Síntome feliz.
ºº A miña non foi a 13ª promoción, senón a 12ª, e non a cambio por ningunha, ao nabo! Canto me alegro de ter escollido este camiño aquel verán de punto e aparte.