miércoles, febrero 01, 2006

As miñas Pichus

Un día alguén me dixo que non as mencionaba nada por aquí, neste "universo virtual de fucsia y lentejuela". Pois aquí están. Elas son as miñas pichus. Hai xa catro anos emprendimos un camiño que nos deu a oportunidade de coñecernos. Sempre falamos das etapas que un ten que ir vivindo e deixando atrás para quedarse coas lembranzas e coñecer cousas novas e aínda que todo o que nos pasa sempre é único e irrepetible hai historias e persoas que son especialmente importantes. Estes últimos catro anos compartín a miña vida con vós e fomos madurando xuntas aínda que nunca nos esquecimos de ser nenas. Sinto que estivestes aí sempre que vos necesitei, que foi moito moito e sinto que nada puido ser mellor do que foi estando ó voso lado. Parece que isto xa remata, e sei que non é unha despedida nin nada parecido pero todos sabemos que as cousas xa serán doutra maneira, diferentes. Só quería que souberades que sinto que tiven moita sorte porque din coas mellores rapazas de toda a facultade, que foi incríble todo o que pasamos xuntas e que nada do que diga poderá expresar o feliz que me sinto cada vez que o penso. Sodes o mellor e o máis especial que me levo. Quérovos.
P.D. Mira se teño sorte que tamén fun dar co mellor rapaz de Xornalismo!! Gabi, gracias por TODO, hai moi pouca xente que teña o teu corazón e parece un tópico pero é certo. Gracias por aguantarme, por ser o mellor compañeiro que alguén pode soñar, polos debates na cafetería despois de xantar, por decirme que dou ben en cámara e por ser o meu amigo. Acórdate de que tes un bautizo pendiente conmigo, je, je. Quérote cambrés. Xa tou chorando...

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Qué bonito!! Esta vez ni siquiera yo voy a enrrollarme: estoy segura de que las cinco nos llevamos un gran regalo (bueno, bonito, barato...y sin fecha de caducidad).
Besitos, mi sonrisa de conexiño favorita.

acedre dijo...

Facedes un grupo musical bo.
Sorte cos estudios e un saudo dun que chegou casualmente ao teu blogo.

Anónimo dijo...

Lin noutra blog un comentario (ordinario onde os haxa) que viña a dicir máis ou menos que hai xente que 'molla as bragas' con cousas tan frívolas e estúpidas como o acto de licenciatura. ¿Pois sabes que? É mellor deixar moitos charcos que non deixar ningún.

Marla Singer dijo...

Sí, díxeno eu, porque me parece un puto paripé, algo realmente superficial e sinto se non mollo as bragas con esa clase de cousas, sonche así.

Anónimo dijo...

¡Hola monina! Con lo fotogénicas que somos, a ver si pones alguna foto más del quinteto lalala, de los cinco mosqueteros (o mosqueperros...ji,ji), de la familia Adams...

Elianinha dijo...

Para min o mellor do acto de licenciatura é a festaza que nos imos correr despois. Vin fotos de X.R. Pousa bailando regaetton, Y YO ESO NO ME LO PIERDO!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

das noxo, chorva...

Anónimo dijo...

Pásalas!

María M dijo...

Creo que te equivocaches de blog "eu" porque non me chamo "chorva" senón María. Bicos e volve cando queiras. ;0D

Anónimo dijo...

Pichuuu!!!
A pesar de que nos separemos este ano, sabes que aínda nos queda moito por vivir xuntas(esas tardes de cafetería falando do trascendental desta vida e do comportamento do individuo como ser social, eses festivais de teatro de Vedra e esa viaxe de volta a París para subir ó 3º andar da Tour Eiffel) E se non nos volvemos ver, non te preocupes. Ti para min sempre serás a bailarina que o primeiro día de clase se colocaba o tú-tú no baño para ser a máis bonita do ballet. moitos bicos da túa pichu cherokee.

Anónimo dijo...

Nada, que los zapatitos no aparecen...

Anónimo dijo...

algún día caeras da pola?