miércoles, noviembre 09, 2005

Quen me ía dicir a min...

... cando "roubei" este cartel en pleno proceso de decoración do meu cuarto, que o protagonista da obra se convertiría un día no meu profesor de teatro. Ninguén. Ninguén mo ía dicir porque ninguén o sabía. Vale, xa sei que é unha pregunta retórica. O caso é que a día de hoxe son alumna de Artur Trillo. Hoxe tiven a primeira clase con el, "Improvisación", e non sei se me castañeteaban os dentes por mor do frío ou dos nervios. Non che é calquera cousa, que o home xa ten un nome na escea teatral. ¿E se me di...? "Mira, María, poslle ganas pero fáltache talento". Porque el mencionou esa palabra. Talento. Talento. Polo que algo debe saber do asunto. Quería ver como traballabamos e viuno. Seguro que marchou para a casa pensando: "Aquí hai dous ou tres que teñen talento". Sei que os seus comentarios non serán tan despiadados como os da directora de casting de OT, sei que non me dirá:
A.T. - María, ¿qué estudias?
Menda - Periodismo
A.T. - Pois dedícate plenamente á carreira porque o teatro non te necesita
Menda -Pero... eu nunca serei unha boa periodista. Non teño talento.
A.T. - ¿Tampouco? Vaia por Deus... Non sei que imos facer contigo.
Pero gustaríame pensar que pensa. Bueno no. Bueno, non sei. Sei que fago teatro porque me gusta, porque o paso ben e porque quero aprender. E sei que teño que deixar de sentir cada clase como un constante proceso de selección. Seino. Polo demáis, estou contentísima.

5 comentarios:

Marla Singer dijo...

Imaxina que dentro duns anos aparece o teu nome nun cartel seu: Artur Trillo, coa colaboración de María Munín (se queres buscas un nome artístico), presenta...
Se dixese: Maríquiña, adícate a outra cousa, casa e ten fillos...tampouco debería importarche, porque é un único criterio, seguro que habería outros profesionais ós que lles gustarías (terían que dicircho varios (o de que non tés talento) para sentirte unha merda e aínda así tampouco deberías facerlle caso)
Estou algo espesa, síntoo, non estou acostumada a erguerme tan cedo este cuadrimestre...

Anónimo dijo...

Eu tamén querería ir a clases de teatro... Co que me gustaba...

*Sara dijo...

Jaja, sorpréndeme ler esas palabras escritas por ti... Pensei que porías que te sentiches coma unha estrela polar no firmamento, jejeje... Pois si, tés que deixar de sentir cada clase coma un constante proceso de selección. ¡Ata no que escoitas! Artur falou de talento, pero sobre todo de ganas e de ilusión. E creo que a ninguén de nós,incluida ti, por suposto, nos falta ningunha das dúas cousas. ;>

Anónimo dijo...

Weblogs Work for Television
Another project I am involved with is the production of a HD television series called MotorSport Ranch .
I think you'll be interested in this related article at: Bad It pretty much covers Bad related stuff. Check it out if you get time.

Anónimo dijo...

Nice blog, check out cyberlinx.us we have over 25,000 articles that you can use on your blog or web site
marriage
health
hobbies
home business
Don't forget to check out this great site to Increase your energy thanks