domingo, mayo 21, 2006

Na flor da vida

O martes cumplo 22 anos. E xa comezo a notar que non me gusta esto de cumplir. Agora, sinto máis ca nunca que calquera tempo pasado foi mellor e sei que é un sentimento inútil e absurdo onde os haxa porque a loita contra o tempo está perdida de antemán. Simplemente penso que os anos de esplendor xa quedaron atrás. Cando era máis nena e alguén me preguntaba a idade para acto seguido decir frases como "Estás na flor da vida", eu sorría orgullosa e pensaba "Xa ves", sentíame envexada pola xente maior ca min, porque eu estaba na flor da vida, mi madriña, onde calquera quere estar e permanecer por sempre. Agora xa non estou na flor. Eso era ós 15 ou por aí. Quince, años, tiene mi amor. Agora entristéceme ver que sen darme conta xa me vexo maior a min mesma. Que cando me refiro a nenos de 17 ou 18 anos, falo de adolescentes.
-"¿E eran guapos?"
- Eran adolescentes
Non me gusta nada crecer. Sei que sona a tópico e que antes ca min xa o dixo Peter Pan, que foi el o que inventou o país de Nunca Jamás, pero é certo. Eu non quero crecer. Non estou preparada para entrar no mundo adulto ó que me vexo empuxada de xeito violento. Sobre todo porque sei que estará aí sempre, agardando por min, e este tempo xa non vai volver nunca. Nunca. Nunca. Estremece pensalo. Sei que crecer, é algo ineludible, pero eu tan só pido un pouco de tempo máis. Porque me sinto tan nena... Son tan inmadura e infantil. ¿Sabedes? Eu non quero que chegue o día no que non poida cantar cancións collendo o bote de desodorante e mirando o meu reflexo nos cristais. E non me digades que non teño que deixar de facelo, porque eso miña nai non o fai. Nin as outras nais. Eu non quero deixar de ser nena.

Hoxe estiven vendo esta páxina. Vale, xa sei que é contraproducente no meu estado, pero eu son das que cando sufro un desamor escoito baladas en vez de música heavy. E decidín que as cancións de cando era nena, van ser as cancións da miña vida, vanlle poñer letra e música ós meus días. E así, ó mellor, consigo levarlle un pouco a contraria ó tempo, e seguir indo ó revés do mundo.
Dicen que la felicidad
es difícil de encontrar
pero no es cierto
que divertido es ser feliz
si te sientes
entre amigos de verdad.
Ya lo ves que fácil es
el truco es sonreír
aunque todo vaya mal,
las cosas cambian al final.
Cada mañana al despertar
simplemente hay que decir
que divertido es ser feliz.
Son 80 días son
80 nada más,
para dar la vuelta al mundo
Londres, Suez, también Hong Kong, Bombay,
Hawai Tijuana y Singapour.

jueves, mayo 18, 2006

A festa das nosas Letras

Onte saímos á cidade porque hoxe é día de festa, Día das Letras Galegas. Foi unha boa noite xa só porque foi desas noites de verán nas que todo o mundo sae á rúa porque se está xenial e podes pasear e pasalo ben sen pecharte entre catro paredes. Hoxe durmín moito e agora escribo tarde porque os meus días nunca rematan ás 12. Á tardiña estiven a ler a Casares, lectura obrigatoria pero agradable e aínda que este ano o Día está dedicado a Manuel Lugrís Freire, para a miña homenaxe particular á nosa lingua bonita, escollín unhas poucas letras galegas, máis ilustres que as miñas, do escritor ourensá.
"(...) Había unha señora parlanchina, sen subconsciente, que me tiña alucinado. Sendo fea como unha cabra, falaba das feas cun desprezo digno dunha beleza distante, case estratosférica. Un día situou o listón da súa audacia a gran altura. Esquecéndose de que era pequena e algo rebolo, tipo pipote, dixo unha frase fantástica: "A min a xente gorda dáme noxo". O peor foi que outras dúas gordas, menos gordas ca ela, se puxero coloradas."
Pero o peor de todo é que hai moita xente así, sen espírito autocrítico. E a iso non se lle chama non ter complexos, senón estupidez. De sempre.

domingo, mayo 14, 2006

Licenciada

Xa estou licenciada. É un decir pero sí. Agora só quero intentar convencerme ou esperar a que cando sexa realmente xornalista (se é que algún día o son), esta profesión me convenza de que é "a mellor profesión do mundo" como dixo o noso padriño Alfonso Hermida. Nada me faría máis feliz que sentir que é isto o que quero facer, o que quero ser de maior.

P.D. Quero desmetir os rumores sobre o meu ambarazo. Son os riscos de optar polo corte imperio, jeje. Tódalas fotos aquí, no meu recuncho.

lunes, mayo 08, 2006

Xuntos de novo

E volvemos a ir por aí. A coñecer novos escenarios. E volvemos a facer o parviño diante da cámara. E dos espellos. Xa nos tardaba a todos. E por iso todos volvemos a ser un pouquiño máis felices. Xa sabedes, son esas pequenas cousas... Que da igual se a música non soa cando debera, non nos importa facer o ridículo diante dun público... o importante para nós é estar xuntos. E onte non me levantei moi contenta pero o mellor dos días non é como empezan senón como rematan.

miércoles, mayo 03, 2006

Va de sexo

Ahora que el vídeo de Amo a Laura (y no voy a hacer ningún comentario al respecto) está tan de moda, pensé que sería interesante dejaros aquí un enlace para que respondáis a un Test de Pureza que encontré por ahí. Es para saber cuan castos sois partiendo de que el 100% de pureza lo representen esos que aman tanto a Laura que no serán ellos los que arranquen la flor que la destruya, noooo, no serán ellos. A mí me dió un porcentaje de pureza del 83,9%, lo que es bastante preocupante pero qué le voy a hacer. Y éste es el comentario que la amable "máquina" me dedicó: Eres lo que se llamaria una ciudadana común y corriente, que disfruta del sexo, pero a la que las cosas extrañas la desconciertan. De seguro muchas de las preguntas de este test te arrancaron un sincero "y eso lo hará alguien?!" Pues sí, la verdad es que sí que me lo arrancaron, sí. Pero bueno, cada un que faga do seu cú un pandeiro. Si os animáis a hacer el test y os atrevéis, podéis dejar también el resultado y así ya tenemos materia prima para futuros cotilleos, jeje. "Uf, mira, aquella tiene mácula, sííí, mucha mácula... y aquella, buf, aquella se pasa todo el día haciendo crucigramas y aplaza siempre lo "otro" para mañana". En cuanto a mí, mis piernas hablan por sí solas. Un día de estos cualquiera me confunde con la Laura esa, jeje. ;0)

domingo, abril 23, 2006

Da TVG a Broadway

"LUBA TV pretende ser unha plataforma visual para que a mocidade poida presentar e difundir o seu traballo nos terreos da arte, o deporte, a música, a dramática, a danza e outras disciplinas.

O programa parte como elemento central da liga universitaria de baloncesto, que se celebrará no pavillón de deportes do campus vigués, desde onde o presentador Raúl Piñeiro guiará o programa para enlazar logo coas distintas actividades artísticas que se amosen. Esta novidosa Liga, na que os equipos son mixtos, conta coa colaboración dos tres campus galegos e do portugués de Porto, iniciando así a primeira liga televisiva universitaria galego-portuguesa.

O baloncesto serve a LUBA TV como reclamo para conectar coa mocidade galega, a través dun deporte dinámico que ten unha imaxe positiva. Como premio, o programa entregará ao equipo gañador unha viaxe a EE.UU. para asistir a un partido da NBA.

Mergullando nas materias artísticas que toca o programa, a música apostará polos valores da cultura autóctona, polos grupos galegos e portugueses; o baile atenderá a distintas formacións de danza moderna; os duólogos presentaranse como unha especialidade cómica para a crítica e o humor, cuxos intérpretes se seleccionarán dos tres campus galegos, e tamén haberá reportaxes sobre o deporte base. O novidoso espazo tamén dará oportunidade a un equipo de xente allea ao programa para que filme a súa visión do que sucede nunha gravación de LUBA TV, que exercerá como director convidado."

"(...) na sección duólogos, dous estudantes de Xornalismo, María e Eliana, e un de informática, Alfonso, terán a oportunidade de amosar o seu talento;"

E amosado quedou. Menudo taslento. O meu telefón non deixou de soar en toda a tarde. Tiven ofertas de tódalas productoras galegas e algunha que outra que chamaba dende Madrid. Terei que contratar a un representante porque non dou feito. En fin... Estou contenta. Non estivo mal para ser a primeira vez. Xa pasei 40 veces a gravación no vídeo esperando que na próxima peche un pouco máis a boca pero non hai maneira. "Ti tes moita expresividade na cara e moita desa expresividade é gracias á boca" (Sara dixit). Adoro a esa xente que convirte os defectos en virtudes. Os meus, claro. Miña irmá capturou moitas imaxes no ordenador e hai algunhas que non teñen perda. Hai unha que titulei "extreñida" e a outra púxenlle "Alien Resurrection" pero non as vou poñer porque me da vergonza. Para compensar poño a serie "Abre los ojos" e dedícolla a Alfonso que saberá porqué e a Raúl que ó mellor non se lembra. Non sexades crueis cos comentarios que fixen un gran esforzo por amosarvos o meu talento. En serio, son boa actriz.

Para os que non tivestes ocasión de vernos e vos interesa, o vindeiro sábado ás 4:25 PM podedes poñer a galega e deixar que os "valores da cultura autóctona" ou os "novos talentos galegos", como prefirades, entren nos vosos fogares. Interésame a vosa opinión.

martes, abril 18, 2006

Ya lo pensaré mañana

Por favor, quiéreme así. Vuélvete loco por mí. Soy egoísta, caprichosa, orgullosa, ingrata, celosa, infantil y presumida, pero sueño con que me ames por encima de todas las cosas. Te haré daño. Te haré creer que no me importas nada. Te diré que te odio. Preferiré morir antes que decirte que me muero por ti. Te pediré más de lo que nunca yo te daré. Jamás sabrás que te necesito para vivir. Nunca. Sólo quiero que me quieras igual. A pesar de todo. Que me quieras así. Porque sí. Y aunque te vayas porque no puedas soportar el dolor, quiero que no me olvides, que me lleves dentro, que me ames siempre, que no seas feliz sin mí. No me digas que es imposible. Por favor.

domingo, abril 16, 2006

De santa non teño nada

Dous días de escapada por terra astur que deron para moito. Houbo tempo para todo. Para gastar os cartiños en paraíso-Ikea, para cear cos amigos que pasan as vacacións por alá e para ver lugares bonitísimos que me confirman o que xa sabía, que me encanta Asturies. Un bo resumo, ¿non si? Esta semaniña é a caña. Que sexa todo o santa que queira pero que siga a figurar no calendario cada ano porque mentres os nazarenos se axustan o capirote, os costaleiros rompen o lombo, os famosos choran ó paso da virxe de turno, a xente se arrebola sobre as imaxes para tocarlle un cacho do manto ou da peluca de pelo natural (o que hai que ler) ou o que é peor, arrebolan ós seus fillos -¡fanáticos!-, e algún que outro tolo se autoflaxela, pois mentres ocorre todo iso eu teño tempo para descansar e non facer nada ou o que me pida o corpo que falta me fai. E nada, se queredes saber algo máis desta curta viaxe visitade a páxina de Sara que seguro que algo escribe (ji,ji, ¡¡presión!!). Bicos a tódolos demiños que anden por aí entre tanta procesión.

Rapazas de catálogo no paraíso mesmo

"Cudillero, municipio de excelencia turística" en sepia

Cudillero e máis eu a toda cor

miércoles, abril 12, 2006

Cultura gratis e Rotondas con ás

Hoxe non é día para estar na casa senón por aí, paseando polos carreiros da aldea máis bonitiña do mundo. Fai un momento estaba a ver a través da ventá unha nube feitiña como ela soa e pensaba que sería ideal para botar unha sestiña. Agora xa se desfixo. É o que teñen as nubes, que non paran quietas e agora eu estaría no chan. Tras este bucólico inciso direivos que onte, fedellando pola rede, atopeime coa primeira editorial galega que publica na web, Ediciós da Rotonda. Pode que moitos de vós xa sepades dela pero para os que non tedes nin idea direivos que é un proxecto único en Galicia para a producción de contidos de libre distribución, o que significa que podedes descargar de forma gratuita as obras ou contidos que ofrece este portal xa que están publicados baixo a licencia Creative Commons. Os autores maila editorial renuncian ó monopolio sobre os dereitos de autor e ceden algúns para que a obra se poida copiar e distribuír de maneira libre e gratuíta. Mira por onde a SGAE non pode quitar tallada disto. De momento, a editorial só conta cunha novela, O home inédito, de Carlos G. Meixide pero pareceume interesante transmitir a existencia desta, insisto, proposta pioneira en Galicia. Se visitades a web veredes que ofrece moitas posibilidades ós usuarios tanto de descarga de contidos como de interactividade. Anímovos a que botedes unha ollada por alí.

martes, abril 11, 2006

Pasar páxina

- (...)Pero ¿que significa "domesticar"?
- É unha cousa demasiado esquecida -dixo o raposo-. Significa "crear vencellos".
- ¿Crear vencellos?
- Claro -dixo o raposo-. Ti non es aínda para min máis que un rapaciño semellante a outros cen mil rapaciños. E non me cómpres para nada. Tampouco ti tes necesidade de min. Para ti eu non son máis que un raposo semellante a outros cen mil raposos. Pero se ti me domesticas, teremos necesidade un do outro. Ti serás para min único no mundo. E eu tamén serei para ti único no mundo...
- Empezo a comprender -comentou o principiño-.
(...)
- A miña vida é monótona. Cazo galiñas e os homes cázanme a min. Todas as galiñas se parecen e todos os homes se parecen tamén. Por iso me aburro un pouco. Pero se ti me domesticas, a miña vida estará chea de sol e coñecerei un ruído de pasos diferentes de tódolos demais. Os outros pasos fanme meter baixo a terra. Os teus chamaranme, como se fosen unha música. Ademais mira. ¿ves alá os campos de trigo? Eu non como pan. Para min o trigo é inútil. Os campos de trigo non me recordan nada, e iso é triste. Pero ti tes os cabelos dourados. Se me domesticas será marabilloso. O trigo, que é dourado tamén, traerame o teu recordo e gustarame escoitar o ruído que fai o vento entre as meses.
(...)
Canto te quixen. Agora pregúntome como puiden quererte. E pregúntome cómo eres capaz de dicir esas cousas, de facer tanto dano, se ti tamén me quixeches. Equivoqueime. E ti fixeches todo o posible para que me equivocara. Esforzácheste moito en facerme pensar que eras outra persoa porque querías que te amara. E cando queres algo, loitas por iso, ben o sei. Non me doe perderte porque tampouco sinto que sexa unha perda. Non me doe verte porque xa non te necesito. Xa non me does ti. O que me doe é a mentira. A mentira que eres ti. E non sei por qué tiven eu que caer na túa mentira, por qué tiveches que quererme a min. Que parviña son. Cada día que pasa síntome máis liberada, máis feliz, porque logrei desfacerme de ti, porque podes estar preto, podo terte cerca, pero xa estás fóra da miña vida. ¿Quen che ía dicir a ti que aquel día era o último?¿Como ías pensar que todo remataba con aquelas palabras? Agora terás que levalas contigo sempre porque eu non quero o teu perdón, porque non che perdoaría pero porque tampouco mereces a oportunidade de pedilo. E xa está. Dende agora o que sexa de ti a min xa non me afecta. Por fin.
Supoño que quería darme ánimos hoxe e deixar de pensar no tonta que fun por estar aí sempre para ti. Por iso me lembrei de aquel día en que miña nai me axudou a buscar unha maneira fermosa de dicirche "Quérote" e me leu este fragmento do Principiño. A min non me fixo falta mentir para que me quixeras e eu sigo sendo a mesma que era daquela. Durante todo este tempo intentei ser unha boa amiga porque fuches moi importante para min e négome a deixar no camiño ás persoas coas que fun feliz. Téñoo pasado mal pero sempre te necesitei, sobre todo porque sempre pensei que ti me necesitabas máis. Porque cría que darche a espalda era o camiño máis fácil, o camiño que seguían os outros. Ademais, nunca deixei de confiar en que un día estarías ben e que os constantes altibaixos deixarían de joderche a vida. Fun unha boa amiga. Para moitos fun tonta. Eu nunca me sentín tonta senón orgullosa. Agora sí que me sinto así. Pero bueno. Non debo arrepentirme nunca de querer de verdade nin de amar de verdade. A tristeza mellor déixoa para aqueles que son incapaces de facelo, que so queren e aman de mentira.
"Mami, quérote"