domingo, mayo 21, 2006

Na flor da vida

O martes cumplo 22 anos. E xa comezo a notar que non me gusta esto de cumplir. Agora, sinto máis ca nunca que calquera tempo pasado foi mellor e sei que é un sentimento inútil e absurdo onde os haxa porque a loita contra o tempo está perdida de antemán. Simplemente penso que os anos de esplendor xa quedaron atrás. Cando era máis nena e alguén me preguntaba a idade para acto seguido decir frases como "Estás na flor da vida", eu sorría orgullosa e pensaba "Xa ves", sentíame envexada pola xente maior ca min, porque eu estaba na flor da vida, mi madriña, onde calquera quere estar e permanecer por sempre. Agora xa non estou na flor. Eso era ós 15 ou por aí. Quince, años, tiene mi amor. Agora entristéceme ver que sen darme conta xa me vexo maior a min mesma. Que cando me refiro a nenos de 17 ou 18 anos, falo de adolescentes.
-"¿E eran guapos?"
- Eran adolescentes
Non me gusta nada crecer. Sei que sona a tópico e que antes ca min xa o dixo Peter Pan, que foi el o que inventou o país de Nunca Jamás, pero é certo. Eu non quero crecer. Non estou preparada para entrar no mundo adulto ó que me vexo empuxada de xeito violento. Sobre todo porque sei que estará aí sempre, agardando por min, e este tempo xa non vai volver nunca. Nunca. Nunca. Estremece pensalo. Sei que crecer, é algo ineludible, pero eu tan só pido un pouco de tempo máis. Porque me sinto tan nena... Son tan inmadura e infantil. ¿Sabedes? Eu non quero que chegue o día no que non poida cantar cancións collendo o bote de desodorante e mirando o meu reflexo nos cristais. E non me digades que non teño que deixar de facelo, porque eso miña nai non o fai. Nin as outras nais. Eu non quero deixar de ser nena.

Hoxe estiven vendo esta páxina. Vale, xa sei que é contraproducente no meu estado, pero eu son das que cando sufro un desamor escoito baladas en vez de música heavy. E decidín que as cancións de cando era nena, van ser as cancións da miña vida, vanlle poñer letra e música ós meus días. E así, ó mellor, consigo levarlle un pouco a contraria ó tempo, e seguir indo ó revés do mundo.
Dicen que la felicidad
es difícil de encontrar
pero no es cierto
que divertido es ser feliz
si te sientes
entre amigos de verdad.
Ya lo ves que fácil es
el truco es sonreír
aunque todo vaya mal,
las cosas cambian al final.
Cada mañana al despertar
simplemente hay que decir
que divertido es ser feliz.
Son 80 días son
80 nada más,
para dar la vuelta al mundo
Londres, Suez, también Hong Kong, Bombay,
Hawai Tijuana y Singapour.

10 comentarios:

acedre dijo...

Hei, que fas 22 anos e non 127 !!!.
O mundo dos adultos esta ai diante pero sempre temos dereito a face-lo neno de cando en vez pero millor en privado.
Eu antes tamen pensaba que os adultos son cousa seria e esas lerias pero chega un a adulteza e non e para tanto.
Eu tenho 40 (dise pronto) e non notei iso da flor da vida nin agora nin antes e xa non sei se vira no futuro.
Podo dicirche que con 22 anos topei a Ana asi que non e mala idade, polo menos para min.

Bueno, felicidades e xa o tenho dito: facer anos e bo...en vista da opcion que queda.

*Sara dijo...

"El truco es sonreír"
Sabes que comparto contigo o temor a medrar, ao paso do tempo e da vida. Despois de ler a acedre, estou máis tranquila, porque el ten a experiencia vivida e quero pensar que nós tamén imos conservar algo das nenas que fomos e somos agora, teñamos 20 ou 50 anos.
O que van cambiar son as nosas responsabilidades e iso, seguramente nos fará madurar, como ata agora.
Dis que es infantil e inmadura... pode que ás veces si, pero diso non se libra ninguén. E ben sabemos que tamén podes ser a persoa máis madura do mundo se a situación o require.
Encantoume a web das series de debuxiños, jeje. ¡Que recordos! Se botaran de novo algunhas, verías sen importarme a idade para a que están feitas :)
A fin de contas, non van ser os números os que dominen a nosa vida, ¿non? Carpe diem e pasa a tomar a túa dose de ti mesma cantando "boteenmano", jeje.

María M dijo...

En vista da opción que queda, facer anos sí q é bo sí, jiji.

Marla Singer dijo...

qué bochechuda!!!!
por certo felicidadaes!! por se mañá non te vexo!

Elianinha dijo...

Felicidades María!!! Se eu aínda estou coa resaca de cumprir os 21.. (é por joder, xa sabes... jajaja). 22 biquiños!!

Anónimo dijo...

Bueno muller, os patitos son ben monos! e xa nos contaras todas esas aventuras e cousas boas q van pasar nesta nova etapa, asike por si se m esquence...FELICIDADES ADIANTADAS!! q sigas tan guapa e tan de armas tomar como sempre

un bikiño!!

*Sara dijo...

Felicidades, felicidades!!!!!!!!!
Tamén de parte de Ro e Pamela, currantes en toda regla, jajaja.

Anónimo dijo...

Xa ves: e onte diciasme a min se tiña problemas coa idade. Só dicirte, e non porque sexa bon, pero tampouco é malo: eu sigo facendo o gilipollas diante dun espello cun cepillo con micrófono. E son nai, e hai xa moooooitos anos que empecei a experimentar a sensación que tí describes. Tés razón en que a infancia é un refuxio fantástico, non deixes de volver a ela de cando en vez.

Anónimo dijo...

Your are Excellent. And so is your site! Keep up the good work. Bookmarked.
»

Anónimo dijo...

Hallo I absolutely adore your site. You have beautiful graphics I have ever seen.
»