jueves, mayo 18, 2006

A festa das nosas Letras

Onte saímos á cidade porque hoxe é día de festa, Día das Letras Galegas. Foi unha boa noite xa só porque foi desas noites de verán nas que todo o mundo sae á rúa porque se está xenial e podes pasear e pasalo ben sen pecharte entre catro paredes. Hoxe durmín moito e agora escribo tarde porque os meus días nunca rematan ás 12. Á tardiña estiven a ler a Casares, lectura obrigatoria pero agradable e aínda que este ano o Día está dedicado a Manuel Lugrís Freire, para a miña homenaxe particular á nosa lingua bonita, escollín unhas poucas letras galegas, máis ilustres que as miñas, do escritor ourensá.
"(...) Había unha señora parlanchina, sen subconsciente, que me tiña alucinado. Sendo fea como unha cabra, falaba das feas cun desprezo digno dunha beleza distante, case estratosférica. Un día situou o listón da súa audacia a gran altura. Esquecéndose de que era pequena e algo rebolo, tipo pipote, dixo unha frase fantástica: "A min a xente gorda dáme noxo". O peor foi que outras dúas gordas, menos gordas ca ela, se puxero coloradas."
Pero o peor de todo é que hai moita xente así, sen espírito autocrítico. E a iso non se lle chama non ter complexos, senón estupidez. De sempre.

4 comentarios:

acedre dijo...

A min encantabame o Casares dos artigos da Voz.
Un saudo.

María M dijo...

Acedre, é algo que che quería dicir. Cando te leo lembrásme o estilo de Casares na súa columna Á marxe. Jejeje... Bicos

acedre dijo...

Pois xa o pensei un par de veces pero quedame bastante para alcanzalo.
So falei co el unha vez e fun tan burro que non levei ningun libro dos seus para asinar. Pedinlle que me asinase o folleto da charla e puxenme colorado coma se falase cunha moza que me atraese.
Era un home amable e cunha facilidade de palabra grandisima.
A charla era no Porrinho e vontariamente fun eu e unhas senhoras. O resto eran rapaces de instituto levados case a forza (xa sabes como son as cousas esas). Os rapaces todos con cara de aburridos e desganados. Pois Casares empezou a falar da sua vida, de como escribiu, da sua muller e sempre falando co seu sorriso de principio ao fin e ao final os rapaces rian e atendian e pasarono mui ben.
Bueno, corto o rollo e gracinhas polo piropo e vouche deixar un piropo no teu posteo do espello con sara. Corre a lelo.

Anónimo dijo...

Best regards from NY! apartment search Grand rapids tumescent liposuction business credit report Surgeon in newport beach ca specializing in rhinoplasty Investment legal firm Cornwall business opportunities Erectile+dysfunction+young+man 401k rollover 2007 toyota camry 0 to 60 vw compare pilates reformer and performer hair loss rogaine Louis vuitton handbags replicas fake accutane package insert Calaveras peugeot Driveway gate us