viernes, junio 23, 2006

Días

Hai días que teño ganas de escribir. Pola mesma razón de que hai días nos que ó ir para a cama non deixo de pensar que xa me cansa esta vida. Esta rutina que consiste en ducharme, botarme a crema na cara diante do espello e despois escrutarme na busca dalgún novo gran ou de novos pelos nas cellas. Esa rutina de achegarme a ese cristal e ver reflectida a miña cama que me agarda baleira. Hai días nos que realmente me sinto soa e imaxino que alguén me colle do brazo, tira co bote de crema e me mete na cama coa intención de facer o amor toda a noite. Coa persiana aberta. E imaxino que pola mañá se ergue para baixala e así evitar que a claridadde me impida durmir cinco minutos máis. Son eses mesmos días nos que teño envexa de vidas alleas, de vidas que apenas coñezo. E son eses días nos que me digo a min mesma que estou preparada para querer de novo para logo dicirme que son parva porque de pouco serve estar preparada. Ademais, pode que nin sequera o estea. Porque aínda me lembro de ti. Quizáis nin sequera é certo que haxa días nos que pense todo isto, ó mellor son días distintos porque os días, é certo, aínda que sexa un pouco, son sempre distintos. E tamén os hai moi diferentes os uns dos outros. Están aqueles nos que me da por pensar que non fago unha á dereita, que as miñas decisións e os meus plans son estúpidos e nada acertados e logo están aqueles nos que me decato de que non están tan mal, e tamén ó revés. Incluso hai días nos que esperto sen saber que farei nos vindeiros dous meses e me deito sabendo cal será o meu primeiro emprego, aínda que sexa en prácticas. Redactora de Galicia Hoxe. Soa ben. Gústame. Porque hai días que... merecen ser contados. E hoxe, noite especial, noite de lume e de desexos. Tamén noite de sardiñas.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Evidentemente hai días que merecen ser contados, outros é mellor deitarse cedo para que o día pase canto antes e outro novo comece.Aínda así, parece que estar aquí merece a pena, os pequenos momentos son os que regalan a maior felicidade. Espero que en Galicia Hoxe teñas moitos 'pequenos momentos'que se sirvan para construir unha vida chea de razón. Anque non o creas, xa eres xornalista. Sorte nesta tarefa que a sociedade che ten encomendada.

Anónimo dijo...

pa min os dias dividense segun vexa as fiestras

se son un muro vexome incapaz de atravesala
se so son unha fiestra ese dia é o peor da miña vida
se son unha saida un sitio polo q botar a voar eses dias son os marabillosos sintome con ganas de todo

(paranoias de fiestras, vidas en espellos, duas realidades, unha mentira a realidade)

DeiPluviae dijo...

Vaia, se redactas noticias como escribes o que sintes, coido que estamos diante dun novo premio Pulitzer!

María M dijo...

Ai deusiño da chuvia!! Que me emocionas coas túas palabras!! Jeje... Xa me chegou á casa Luba TV 1, moitas graciñas!!!

Anónimo dijo...

best regards, nice info apple credit card Provigil buy on line life assurance Attorney stanley dobry centerline michigan house humidifier Black jack music video dvd player Clientserver model http://www.training-management-7.info neck pain relief parental control 1969 dodge charger rt movies Bdsm yellow pages Chris rice paxil