domingo, junio 04, 2006

Beber pola botella

Onte fun á praia. Á mellor praia do mundo para min. Ó Vilar, en Riveiriña, o meu segundo fogar. Despois de pasar toda a noite esperta intentando comprimir en 7.735 caracteres toda a información que tiña para facer a reportaxe e que como mínimo merecería 35.000, e de quedarme dormida pola mañá o que me obrigou a poñer o velocímetro do coche en cifras de comoseenteremeupaimátame e a maquetar e entregar a solicitude de prácticas máis o curriculum para a CRTVG en menos de media hora, pois necesitaba unha tarde entregada ás forzas da natureza.

Non me deu tempo nin a depilarme polo que era a perfecta candidata para un anuncio de Gillette, pero non importa, alí só estaba eu -en estado puro- mailo mar coa súa masaxe anticelulítica. Había máis xente claro pero quedábame ben a frase. E falamos de liberdade e de saúde porque iso é o que inspira esa praia, e o mar co seu horizonte infinito. Pois iso, que quedamos novas. Esta tarde estiven lendo na terraza á caída do sol e que ben estaba. Julio Camba fixo que me lembrara de Scarlata falando dos negros e dos americanos do Sur e estúpidamente tamén pensei no moito que quería ela a terra roxa de Tara e no moito que quero eu a Vedra aínda que a terra sexa marrón como casi en todas partes.

Pouquiño a pouco funme quedando sen luz e todo comezou a perder a súa cor ó meu redor, resistinme a entrar na casa aínda co risco de quedar chosca e entón comecei a escoitar a música que chegaba dende Merín, a máis de 2 pero menos de 6 km da miña casa (son moi mala para as distancias). Era o Verea Rock. Non sei se tocaba Habeas Corpus, Ndno, Aphonic, Dismal ou Nao, eu non entendo de rock, pero para que vexades o nivel que temos, direivos que aquí viñeron grupos internacionais -daquela era o Vedra Rock-, que só actuaron en Madrid e Barcelona, e en Vedra, por suposto. Perdoade a crise chovinista.

Ó final entrei na casa, onde só se escoita Como yo te amo, e bebín pola botella, sí, mamá, bebín a morro, porque a min así a auga sábeme mellor, ¿que queres que faga? Pode que sexa unha mala filla pero non penso que iso sexa cuestión de educación. Pasámonos os tres primeiros anos da nosa vida chupando da teta e do biberón para que despois nos digan que beber pola botella é un mal hábito, ¡pois non señor! He dicho.

4 comentarios:

acedre dijo...

Da gusto poder disfrutar do bo tempo...e das boas lembranzas.

Anónimo dijo...

A NAZÓN INDEPENDENTE DE SMUNK APOIA CHUPAR DA TETA E DA BOTELLA.

FIN DO COMUNICADO.

Anónimo dijo...

Very best site. Keep working. Will return in the near future.
»

Anónimo dijo...

Hi! Just want to say what a nice site. Bye, see you soon.
»