viernes, marzo 10, 2006

A facultade

Por aquí me ando. Na miña facultade. Este é o edificio que nos últimos catro anos foi testemuña de... min. Cando a vin por primeira vez, pensei que non puidera ter escollido mellor o que quería estudar porque me pareceu perfecta. Preciso de días de sol para ser feliz, ou para sorrir máis se cabe, e tamén necesito lugares bonitos nos que pasar o tempo. Os días e lugares tristes e deprimentes provocan que me sinta mal. E xa sei que son emocionalmente inestable, pero o certo é que os "antros" provocan efectos en min nada desexados. Por iso pensei que era perfecta. Luminosa, elegante, ampla pero ó mesmo tempo acolledora, limpa e, aínda por riba, de deseño. Siza sabía que eu estudaría xornalismo. A verdade é que teño pasado moito tempo aquí, aínda que cada vez menos, todo sexa dito. Na resoante cafetería de Suso, co seu particular tempo de reverberación; nas aulas, coas súas cadeiras imposibles; nos estudios de radio, xogando a ser algo; nos pasillos, baixando e subindo rampas todo o día; en reprografía, con Esther e o seu eterno bo humor; e ata na herbiña retozando namorada ou comendo "unheladodelápiz". Sei que a botarei de menos porque á fin e ó cabo, levouse moito de min.

3 comentarios:

acedre dijo...

...e a nosa vida sera un caminho de lugares distintos con pedacinhos do noso corazon...
Seicho ben que vou dixando memorias aqui e ala.
Un saudo e que os recordos sexan sempre bos.

Anónimo dijo...

Pero que de bonita é esta páxina, eu que nunca mirara estas blogs de clase!!!! nos tamen nos lembraremos de ti..... sobre todo do amenas que facías as clases de galego oral.......

Mariah dijo...

Habras pasado muchas cosas alli. Yo aun estoy en mi primer añito y tengo una relaccion de amor-odio con mi facultad aunque los dias de sol me parece perfecta y me encanta. :)