miércoles, febrero 22, 2006

Radiofórmula

Non daba durmido. Durmo moito cando non debera e despois, cando debera non teño sono. E así ando, ó revés do mundo. E puxen a radio. Puxen os Cuarenta. Eu son filla da radiofórmula. Pésame bastante o de non ter unha cultura musical que vaia máis alá dos “hits” do momento pero esa é a verdade. Gústame a boa música. Sobre todo gústame Bob Dylan. Miña nai di que me parezo á miña madriña. Miña madriña non ten ningún parentesco conmigo, é a mellor amiga da miña nai dende a facultade, pero a xenética non ten nada que ver neste caso. Dicía o mesmo cando tiven a miña etapa pseudo-hippy, que me parecía a ela. Estaba a contar que me gusta a boa música e Bob Dylan, e canturreo nun perfecto spaninglish, Mr. Tambourine Man pero non vou máis alá. Pola contra, se me preguntas cal é o número un na lista Del 40 al 1 seguramente o saberei. O caso é que non daba durmido e acendín a radio. Soaba o último single de La oreja de Van Gogh, Muñeca de trapo, e pensei que todas as súas cancións me soan igual e pensei no tempo no que non deixaba de escoitalas. Buscaba atopar nesas letras algunha historia que se semellara á miña. Que me lembrara que non estaba soa niso, que alguén nalgures xa vivira o mesmo ca min e escribira logo unha canción. E pensei que iso é o que buscamos todos na música. Sentir que é un reflexo noso. E despois soou Maná. E non sei por que lembreime de Riveira. Riveira escríbese con “b” pero os que somos dalí escribímolo con “v” e tampouco sei por que. Acordeime do día que comprei a miña primeira super pop. Regalaban o colgante de Mark Owen. E dinme conta de que non debo ser tan cruel coas fans de Bisbal cando as vexo chorar histéricas, porque eu tamén vivín esa etapa. Porque eu tamén fixen cousas absurdas – Te lo juro por Take That-. Iso sí, eu identifícome máis coa fan beatle, nesa imaxe en blanco e negro gritando de xeito hiperfemenino e intentando tocarlle coa puntiña dos dedos a Mark ou a Robbie, sobre todo. Debe ser un pouco pola estética, que me gusta máis, e outro pouco porque prefiro pensar que fun fan (fan fun) dun grupo máis á altura dos Beatles ca Bisbal. Despois pensei en cando cortei o pelo. Eu fun ca miña foto de Mark e díxenlle á estilista que quería ese corte. Aí comezou a peor etapa-pelo da miña vida. Non sei canto recei para que me volvera medrar. Despois escoitei a Nek, que tamén me soa un pouco coma sempre, e con el viñeron as lembranzas do meu primeiro amor. E tamén de Laura. E de cómo un nome se pode cruzar na tua vida facéndote sufrir máis dunha vez. E de Pili. A miña profesora de historia, que era capaz de falar de amor cun nena de 12 anos. E con Amaral lembreime do rapaz do outro venres e de que quedaramos en vernos pola Estrada e de que non o vin. E deron as seis. E comezou Anda Ya. Pouco despois unha voz que imitaba a Rajoy cantaba “No sé que tiene el estatuto que me vuelve loco, que me vuelve loco” e souben que tiña que durmir porque senón mañá estariamos nas mesmas. Agora que remato de escribir -estou co portátil metidiña na cama- escoito Hung Up de Madonna, pero eu non podo parar de pensar na Loli de Alcorcón e dos días de entroido que vou pasar en Verín. E canto... Time gous by, con Loli, vámonos con Loli!! E xuro que non estaba preparado, e está mal que o diga eu, pero a verdade é que este post saíume redondo. *<;0)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Amaral, La oreja de van gogh....Solo falta el canto del loco y habrias hablado de mis grupos favoritos (pffsjajaj!!- gran carcajada). Ves, yo sí me río de las fans histéricas de Bisbal, pq yo no tuve esa etapa, nunca se me cayeron las bragas por ver al Robe...jijij!!

acedre dijo...

Este mui ben falar da musica da nosa vida e o que nos fai lembrar.
Eu si que non tenho gusto musical e cando me preguntou blogger para encher o meu profile puxen o primeiro que se me ocorreu por por algo.
Este posteo teu saiu redondo, si; porque puxeches os teus sentimentos nel e iso notase.
Un saudo.

Anónimo dijo...

Looking for information and found it at this great site... Al paraide pornstar Cleaning up pigeon crap Casino line machine slot Troubleshooting data projectors gambling sampras tennis payday advance Sandusky ohio golf carts Floating lounge chairs webmaster affiliate program Buick regal lowrider for sale Price of 2003 ford radio Wnbc tv ny Muse+impotence fioricet order vicodin online Voit watches web cam Exelon corp running team