domingo, marzo 09, 2008

Dende o lonxe

Xa está o telón a medio correr. Pouco falta para ver asomar detrás del máis dunha cariña chea de puro teatro. Que luxo de cartel e que luxo de programa! Xa que este ano non ando por aí organizando e dando a vara podo dicilo coa boca ben chea sen que ninguén me acuse de non ter avoa. Noraboa compañeiros por eses cinco lobiños! Que ledicia saber que por aí non deixan de surxir novas ideas e proxectos! Teño saudade de vós e do noso teatro cotiá. Ese de enriba das táboas, o de dentro da irmandade, e o que sempre sae cando estamos xuntos. Disfrutade de Teatrofilia por nós, as exiliadas, que nalgún deses días en negriña pecharemos os ollos e soñaremos con focos, entradas, benvidas, aplausos e tortillas! Moita Merda.

ººº A piques de pechar os colexios electorais dispóñome a seguir o escrutinio a través de internet. Se estivera en Vedra, estaría entrando a esta hora na escola porque sempre deixo todo para o final e isto non había de ser unha excepción. Pero este ano adianteime á maioría e votei o luns. É a primeira vez que poden votar aqueles cidadáns que están temporalmente no estranxeiro e non figuran inscritos no censo de residentes no exterior, e eu fun unha das 5.180 persoas que o fixo. Miña nai estará a pé de urna para confirmarme que chega carta de París, jeje. Miña irmá tamén forma parte dese 1.711.776 de mozos e mozas que puideron votar por vez primera nunhas eleccións xerais. Agora só queda agardar que os sondeos estean no certo.

1 comentario:

paideleo dijo...

Non quería dicir que o teu blogo está parado senón case parado.
Supoño que a vida real será intensa pola France.
Desfrútaa.
Un bico ( non sei dicilo en francés ).