martes, mayo 22, 2007

A decimoterceira

Pois sí, como fotógrafa non oficial do acto de licenciatura da 13ª Promoción de Xornalimo permítome o descaro de publicar algunhas imaxes antes de que o faga esta rapaciña que o sábado recolleu un diploma entre a centea. Pero estade atentos, que se aveciña unha crónica para deter a ollada naquel mundo á parte. Porque foi un día que desafiou á superstición, que fixo chorar incluso ás que xa tivemos o noso día especial. Será porque aquel non o foi tanto. O que eu vin nese auditorio foi a un grupo de compañeiros unidos por estes catro anos de carreira. Nos vídeos, nas fotos e alí mesmo, todos puidemos velo. Sentín envexa porque na anterior estivemos moi lonxe de todo iso pero así é a vida. De todos modos alégrame non sentirme totalmente allea á decimoterceira. Felicidades a todos e todas!!

3 comentarios:

*Sara dijo...

Moitas gracias de novo! Así xa me vas aforrando traballo, jeje :)
Ás veces o 13 é un número ben bonito. Alégrame compartilo contigo un chisquiño :)

paideleo dijo...

E felicidades polo teu aniversario.

Marcos Sanluis dijo...

¿A décimoterceira xa? Como pasa o tempo... Vexo que cambiaron algunhas cousas. Na miña, penso que foi a terceira, case ninguén foi traxeado nin nada polo estilo. E organizamos un acto que mereceu a reprobación de boa parte dos nosos pais. Pero dá gusto ver as novas xeracións.