viernes, abril 13, 2007

Hoxe fun feliz

Contareivos porqué. Espertei cunha mensaxe de móbil. Era de Sara:
'Bos días Merry churry! Noraboa! Puideches con Pousa1! Alégrome un montón (...)'
Aprobei o exame parcial de Xornalismo Especializado. Cos ollos aínda pegañentos chamo a Sara para preguntarlle se está segura, se mirou ben. Ela dime que si, que o comprobou varias veces. O resto do día pasou compartindo a nova a algunhas das persoas que máis me importan. Chamei a miña nai pero o seu móbil soou dende o salón. Tiven que agardar ata a hora do xantar. Chamei a Raúl, a Orlando, escribinlle a Gabi e a Meri, que veu de visita dende Alemaña. Todos contentos por min. Porque superei esa barreira psicolóxica que me impuxen a min mesma sen saber porqué e me impedía presentarme aos exames obrigándome a saír fuxindo. O día 10 de marzo fun quen de enfrontarme a min mesma, ao meu medo. Hoxe síntome un pouco máis forte.
Mil chillidos de euforia máis tarde, fun á facultade a entregar un traballo, quedei con María e volvín a despedirme dela ata que poida viaxar a Lüneburg, fixen encrucillados coa miña nai, adormecín dentro do coche coa calor acumulada, comín fresas e nata polo bote a xeito de biberón, veu Sara chea de Phoskitos e fomos de baranda chinda chinda. Falamos como quen ten sempre algo que dicirse e bebín coca-cola fría de bote con xeo. Logo volvín á casiña para ducharme, poñerme quentiña, tomar o leite e ver Anatomía de Grey na cociña porque no salón está 'mamá' vendo Hospital Central que hoxe comeza a nova temporada. Agora estou no sofá, coa manta e o portátil. Na tele botan capítulos repetidos de MIR.
Foi un día feliz. E iso que non comín espaghetti, nin chocolate, nin fixen o amor, nin vin unha boa peli, nin fun de compras, nin teño o pelo perfecto, nin lin un libro apaixoante, nin coñecín un novo lugar, nin me subín a un escenario, nin me fixen unha foto... Pero sí, foi moi feliz. Agora vou cambiar de canal. Ostras! Urgencias! É broma ;)
Foto: À bout de souffle, do maestro Godard

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa!!

POUSA

elduende dijo...

Entón xa asoma a patiña o título de licenciatura. Noraboa, e tal.

Elianinha dijo...

Sei o que se experimenta ao aprobar un exame pousiano. Toutes mes felicitations, Marie!

Cubilete dijo...

Felicidades!!!!!! (eu non tuven q enfrontarme a esa asignatura e non sabes o que me alegra)

A pirámide dijo...

Parabéns. Polo día feliz, digo.

paideleo dijo...

Noraboa !. Aprobar un exame aleda abondo.

Anónimo dijo...

alégrome que sexas feliz, que aprobaras e que esteas en plan positiva. un bico

Unknown dijo...

Felicidades wapa!!! Disfruta da sensación porque penso que é unha das que van mellor para a saúde nesta vida...