miércoles, abril 18, 2007

De entrevistadora a entrevistada

Os que me coñecen saben ben que as cámaras me volven tola, pero o do luns non era o de sempre. Esperábase de min algo máis que posturitas, morritos e parvadas varias. Tiña que respostar ás preguntas do escritor Carlos Meixide no que ía ser a miña primeira entrevista para a tele. Ía ser e foi, porque non morrín no intento como temía, a pesar de que a lentilla do meu ollo esquerdo se emperrou en poñermo difícil. Afeita a ser eu quen interrogue ao persoal non estaba segura da miña capacidade para fiar máis de catro palabras formando oracións complexas e coherentes, con tres cámaras (con cadanseu operador) apuntando á miña cara, unha delas ao meu perfil malo. Pero o meu interlocutor púxomo fácil e os acontecementos desenvolvéronse sen incidentes. O resultado podédelo xuzgar vós mesmos o día 6 de maio no programa Onda Curta que se emite os domingos das 00:45 h. en diante na Televisión de Galicia. Como xa estaredes imaxinando, As farolas é a responsable de que se suceda alegría tras alegría mentres continúa a súa andaina presumida cal ratiña de conto, deixándose ver. O mércores proxectouse no local da ONCE en Compostela, con audiodescrición en directo, e a xente amosouse encantada malia que se botou en falta sexo explícito ;) Outra nova e gratísima experiencia. Agardo que axiña teña moitas máis das que facervos partícipes.

4 comentarios:

*Sara dijo...

Estou orgullosa de ti, pequeno saltamontes ;)

elduende dijo...

Vaia, vaia. E con Carlos Meixide, nin máis nin menos. Vaia crack estas feita.

Anónimo dijo...

seguro que si, ti tes madeira de actriz

Madeira de Uz dijo...

Parabéns, rapariga :-) A verdade é que atopar-se "do outro lado" sempre impõe bastante respeito, hehehe ;)