jueves, febrero 22, 2007

Preparados?

Este é o cartel gañador do concurso que a nosa asociación de teatro Papaventos organizou para atopar a imaxe da IV Mostra de Teatro Amador, Teatrofilia para os amigos. Esta noite foi ao forno e agora tocará vestir de gala as rúas núas de Vedra, arredores e arredores de arredores. Se vas a ollar o programa agardo que teñas axenda ou papel a man porque xa sabes que a tinta dana a pel. Eu avisei. As engranaxes xa se puxeron en marcha e a min gustaríame que foses unha peza máis, apetéceme verte.

No hay comentarios: