Home, eu non quería ser pesada... Pero é que me fai tanta ilusión abrir o xornal e atoparme cousas así. Ultimamente publican moitas novas que teñen que ver con nós e cando hai foto, alí estou eu (e xuro que é casualidade) cun novo careto que bota por terra esa creencia que tiña de que era fotoxénica. Hoxe, un amigo da miña irmá preguntoulle se tiña eu algún tipo de enchufe na prensa, por iso de pertencer ao gremio... É unha tontería, máis no primeiro que penso cando me vexo é no día en que llo ensine aos meus fillos e lles diga: vedes, a vosa nai fixo algunha cousiña que mereceu a atención dos medios, andivo metida niso que lle chaman o mundo da cultura e o espectáculo. Penso niso e por primeira vez, hoxe, pensei ¿e se estes recortes algún día deixan de ter importancia para min cansada de ser portada de Vogue ou de Fotogramas? Jajaja... Inmediatamente retornei a esa imaxe na que sostiña unhas follas que amarillearan co tempo e a humidade. Seguramente volva a fantasear xa que á fin os soños son o único que ninguén nos pode arrebatar.
miércoles, noviembre 15, 2006
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Non funciona o 1º enlace que é este:
http://tierrasdesantiago.es/index_3.php?idMenu=323&idNoticia=103881
Jo, que ben!!
Oye, siento dicirte qu'el primer plano es mío, eh...
E polo de fotoxenia, non sei porqué o dis, saes moi moi ben.
Ai, onde chegan estes Papaventos!!!
A verdade é que o merecedes.
Saides todos e todas moi ben.
Agora a ver si non subides o caché con eso da fama
(je,je,je)
ÁNIMO
Jajaja, e lo o meu brasiño dereito non sae ben? XD
Xúroche que non vira brazo dereito tan sexy...
Enhorabuena por los éxitos ;)
Publicar un comentario