jueves, noviembre 30, 2006

Perxuizos (seica agora dise así)

Toda a vida facéndoo e decátome agora de que non me serve de nada. Falo das cancións que escoito cando estou a pasar por unha desas épocas que chaman 'de baixón', na que todo en min está baixo menos o chicho en forma de fonte que volve facer a súa presenza na miña cabeza cando non teño gana nin de peinarme. Pois non, non me serven de nada. Ese xeito de refuxiarme na miña propia dor, de autocompadecerme, de empatizar con todo o que semella triste, xa non me alivia (dubido que o fixera algunha vez) e comeza a darme noxo. Polo tanto, xa non máis letras/música/ vídeos nas que amosarme as vosas condolencias, que se agradecen moito, claro, pero non necesito.
O que quería contarvos hoxe é que estou facendo un curso de Photoshop e encántame, sobre todo, por volver a atoparme con esa clase de persoas que saben moito e saben transmitilo para que outras coma min que non saben nada, se volvan listos, moi listos. Pedro, que así se chama o profesor, cáeme ben pero esta mañá sorprendinme cando me din conta de que soñara con el. No soño, preguntábanos os seus alumnos que opinabamos del e eu díxenlle que me parecía borde e un pouco seco e el tomouno moi ben. Supoño que se dixen iso foi porque cando chegou o primeiro día non se dirixiu a nós ata que pronunciou o típico discurso de presentación que un solta de memoria despois de varios anos. Pero non é borde. Onte paseino fatal na súa clase porque tiña sono e non era quen de mater os ollos abertos, quedábame durmida sen poder evitalo. Facía moito tempo, dende as clases de radio de 1º de carreira con Pousa, ás nove da mañá, (Pousa + horas tempranas = Zzzzzzz) que non loitaba contra morfeo de tal xeito. Pero vencíame unha e outra vez. Incluso advertín a un compañeiro do me estado pedíndolle que por favor me despertara se vía que me desplomaba sobre o teclado. No descanso, cando todos saen a tomar café ou estirar as pernas, vin a luz e boteime a durmir enriba da miña carpeta cos brazos de almofada. Non sei canto tempo pasara cando sentín que o compañeiro me tocaba un ombro e espertei sobresaltada. Pedro estaba ollando para min cun sorriso. Non é borde. É riquiño.
Por certo, todos aqueles que queirades reservar unha entrada para o Gran Día, o xoves 7, dicídemo antes do venres. Se facedes reserva sáevos a metade de prezo, isto é 1,5 €. Se os vosos petos non poden resistilo, enténdoo, pero non sabedes o que perdedes. XD

5 comentarios:

María M dijo...

A foto é de Eve Arnold, boísima. Seguro que a coñecedes porque fotografou moito a Marilyn.

Anónimo dijo...

Ai, pedro, o dos coloretes, tamén me deu clases de photoshop a min. Son eternos...

Uz dijo...

Diz-se "prexuízos" em ILGo e "preconceitos" na variante lusófona do idioma.

Concordo em que o professor parece mais bem riquinho. Mesmo parecia pedir desculpas quando me pediu uns fólios esta tarde.

Uz dijo...

Por certo, equivoquei-me quando che falei da musa do blogomilho. Igualmente, se queres saber 'de quê vai'...

http://odemo.blogaliza.org/2006/11/22/musa-do-blogomilho/#comments

http://apocalipsedoporco.blogaliza.org/2006/11/20/na-percura-dunha-musa-para-o-blogomillo/

Anónimo dijo...

algrome moito de que espantes a melancolía.

O teu sorriso e o teu ollar merecen unha nova primaveira.

ánimo.

Non te coñezo persoalmente pero eres sen dúbida unha gran muller.
ANONIMO