martes, noviembre 21, 2006

Cancións de amor

Cando hai canción ninguén comenta. Os gustos musicais son moi persoais, igual que case todo o que que cada un de nós -refírome aos que conformamos o blogomillo- escribe na súa bitácora. Pero o das cancións é distinto. Cada persoa interpreta unha mesma canción de xeito que se identifique mellor con ela e por iso moitas veces sentimos que unha letra describe perfectamente o que somos ou unha situación que estamos a vivir. Facemos nosas as cancións. Só nós sabemos realmente por que escollemos unha letra ou melodía, o que significa cada palabra dunha historia para a nosa propia historia e por iso, penso eu, que as cancións que moitos rescatamos do "iutub" ;) non triunfan entre os nosos lectores. Poucos se molestan en darlle ao play e pasan a outra cousa. É comprensible. Co vídeo de hoxe eu quero expresar algo que apenas sei explicar cun discurso coherente porque non se me da ben falar de sentimentos, pero á vez paréceme moi sano facelo. Escribirei pensamentos soltos que se amontoan na miña cabeza como que estou farta de finais tristes, de equivocarme unha e outra vez, de que cheguen á miña vida persoas que non veñen para quedarse, das palabras que se leva o vento e de non poder dicir que non o merezco porque nin eu estou segura diso. E pedirei perdón tamén, porque non me costa, se lle fago dano a alguén sen querer, por crer que só se pode amar dun xeito, o meu xeito, e rexeitar os demais. E pode que dúas persoas non se entendan, que pensen diferente e iso sexa un problema, pero sempre hai que loitar polas persoas que nalgún momento che fixeron sorrir de cariño. Esforzarte por mantelas preto de ti, porque se o fixeron unha vez sempre poden volver a facelo.
(A letra, por se queredes facer karaoke, jeje)
Tu me decías que nada te haría cambiar y yo te decía que cambiaste todo para mí, tu me decías que estabas triste con la vida, pero yo, nunca te creí. Estoy tan cansada de las canciones de amor , siempre hablan de un final feliz... bien sabemos que la vida nunca funciona así. Yo te mandaba las señales que se me ocurrían, tú nunca las entendías, no escuchabas bien, un día me cansé y claro está que te dejé no me hacías caso, entonces para qué? Estoy tan cansada de las canciones de amor siempre hablan de un final feliz... bien sabemos ke la vida nunca funciona así. Habría hecho todo pero tú nunca entendiste nada, nada de nada la vida siempre tiene que seguir aunque mi corazon se parta y no quede nada, por eso... Estoy tan cansada de las canciones de amor siempre hablan de un final feliz, bien sabemos que la vida nunca funciona así

2 comentarios:

*Sara dijo...

Pois vou romper con esa rutina, aínda que creo que xa che teño escrito en algún outro post-musical.
Dende logo, levas razón cando falas da música e dos sentimentos. Puxéchesnos unha canción que representa o que sintes en gran medida, pero por fortuna hai outras que axudan a sorrir cando as letras e as melodías que te identifican nun momento determinado non son moi alegres, que digamos.
Ánimo, pon unha canción desas que che gusta cantar co desodorante a modo de micro e vólvete tola aínda que só sexan cinco minutos (máis aínda, jeje). Que te escoiten as veciñas.
Bicos

Anónimo dijo...

No se como un amujer como tu se puede encontrar tan triste.