miércoles, octubre 25, 2006

Caquita de la vaquita!!

En fin, en fin, en fin... Digo adeus ou un case adeus ás prácticas de inverno. Tres probas de selección -Cadena Ser, El Correo Gallego e CRTVG- e o meu nome por ningures. A 'subasta' das prazas que non requiren proba é o venres pero antes ca min escollen arredor de 20 persoas (se seguen interesadas) e só hai 9 prazas. Así que dubido moito que poida optar a algunha delas e traballar os vindeiros seis meses. Terei que buscar outra cousa para manterme ocupada este tempo e voltarei a probar sorte na convocatoria de maio. Todo isto para contarvos que onte, na proba para a tele, tiñamos a posibilidade de responder a un cuestionario sobre cultura e/ou deporte. Pedín o folio de cultura, lin as preguntas, e gardeino debaixo da mesa sentíndome igggnorante perdida. Deixo aquí as preguntas e anímovos a que demostredes o voso dominio da área en cuestión. Non vale consultar as respostas!!! En tres días colgo a solución. Sorte!
1. Sabes quen gañou a última edición do Premio Planeta de Novela? A respecto deste premio, por que houbo polémica en Galicia?
2. Por que estivo de actualidade a rodaxe do filme 'Os mortos van á presa'?
3. Que podes dicir sobre o autor da banda sonora da película de animación 'De profundis'?
4. O CGAC exhibe actualmente unha exposición de Menchu Lamas. A que colcetivo pertenceu nos seus inicios?
5. A compañía Nova Galega de Danza está integrada no Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais?

Cadro: 'Espiral do soño', de Menchu Lamas

15 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Mande?

Sí que son burro, sí...

*Sara dijo...

Creo que ninguén entregou esa ficha...

*Sara dijo...

Ah! No test de deportes preguntaban que é un eagle, cantos equipos galegos femininos de baloncesto hai na división de Honra e cales son, como se chama o programa de motor da Tvg, cantos expulsados houbo no Real Madrid-Barça e contra quen perderon os últimos partidos tanto o Dépor como o Celta.
Un, dos, tres... responda otra vez!

Anónimo dijo...

Eu sei unha! os Mortos van á presa estivo de actualidade porque a productora foi ó tacho! Seino porque se rodou en Ribadeo, bueno sólo eso sabía...

Anónimo dijo...

non te desanimes, xa che dixem que eles o perden. o puto mundo loboral e así...ou peor. unha perta e ánimos

DeiPluviae dijo...

O peor de todo é que seguro que esa proba era para unhas prácticas nas que comprobas que os funcionarios se tocan os webos mentres ti curras por 300 euros ao mes.

Se che gusta a radio, eu recoméndoche as de Radiovoz, sen dúbida (nas radios pequenas é onde máis podes dar de si). E se che vai a tele, mira nalgunha productora. Funcionan algo (so algo, eh?) mellor que a nosa gransabida televisión pública.

Ben, sempre podes opositar.

Puto mundo laboral, e putas saídas laborais que temos os de letras.

Aínda así, sigo orgulloso do "jo je to" e do "rosa - rosae" (ollo, rÓsae, que nunca o pronuncian ben, curullo!)

Sorte coas seguintes convocatorias!!!!!

cneirac dijo...

A min paréceme que o cuestionario non é malo por difícil senón por unha visión da cultura que adoece de embiguismo, capitalinidade, esteticismo... É máis propia do "mundillo" da cultura de Compostela e da Administración que da cultura en sentido amplo, para todo o país e para todos os públicos. Podían preguntar o nome de tres grupos de teatro afeccionado, ou onde se xogou o último partido da liga nacional de billarda (deporte ou cultura?), ou cantos blogues en galego hai na internet...

Anónimo dijo...

Quedei sen palabras. Menudo cuestionario!!!!! Esto supera ás probas do ano pasado (a miña experiencia foi moi traumática. curiosea nos archivos do meu blog en octubre do 2005 e xa verás)
Alguén é capaz de contestar a esas preguntas?

paideleo dijo...

Pois comigo xa tendes o rabaño de burros completo.

María M dijo...

Grazas a todos polos ánimos, consellos, apreciacións e solidariedade!! Bicos!!

cneirac dijo...

Oferta de traballo: http://maisala.vieiros.com/ofertaemprego06.php

Marla Singer dijo...

Joder, eu tamén son unha burriña :(

cneirac dijo...

Polo visto a ligazón anterior segue sen funcionar. Pero si que vai esta.

María M dijo...

Moitas grazas Calidonia!! Só que de momento aínda non son xornalista, fáltame un pouquerrechiño... XD

Anónimo dijo...

Ola Mariña! Non sei se o sabes pero de novo hai unha proba para traballar en cultura na TVG en prácticas (non da facultade)e é hoxe (10 de novembro) só ten unha pega que de novo volverán facer preguntas desas. Para que che sirva de consolo dígoche que eu (que levaba catro meses traballando precisamente en cultura na TVG) só sabía tres das preguntas e unha delas, a de Menchu Lamas, porque a ela a entrevistei eu hai nada. Así que agora buscando no google din co teu blog precisamente cando buscaba información sobre a pregunta da rodaxe, da que non tiña nin idea. Non vaia ser o demo que volvan poñer o mesmo cuestionario (aínda que o dubido)
Bicos Mari, e a ver cando nos volvemos ver!