(...) No obstante, lo más importante de esta producción es el altruismo y las ganas de realizar proyectos nuevos de los miembros del equipo técnico y artístico, compuesto por unas cuarenta personas, la gran mayoría del concello de Vedra. "Estamos todos muy ilusionados con esto y creo que va a quedar una cosa bonita", asevera Rendo. "Es una historia accesible a todo el mundo, ya que queremos que la gente entienda lo que se quiere decir en este corto", añade. Ler máis
Tierras de Santiago dedica á nosa curta unha páxina par na sección 'Culturas'. A rigurosidade non é o punto forte da reportaxe, hai algúns erros, pero serve para facerse unha lixeira idea do que foi e está sendo esta aventura. Esta fin de semana de rodaxe foi incrible, paseino tan ben... Prometo contar todo en canto teña tempo e descanse un pouco porque isto acabou con nós... De todos os xeitos, teño que dicir que me da pena que rematase a grabación polo que respecta ás despedidas. Menos mal que xa temos data para o 'pase privado', uhhh!!, en decembro, e seguro que nos reunimos antes para ver fotiños das mil e unha cámaras que inmortalizaron o 'making of'. Estou moi feliz.
3 comentarios:
Esa felicidade é contaxiosa; creo que o mellor foi o bó rollo que se creou entre xente tan distinta e en moitos casos recén coñecida. Por certo, qué forma de chupar cámara...PROTA!!. Bicos
Creo que Xandrevia ten razón no de que esa felicidade se contaxia. Mira que eu perdín unha finde de rodaxe e, aínda así, estou moi orgullosa de todo o mundo e tamén feliz de ter unha data para volver a reunirnos todos, jeje.
En experiencias coma esta vale a pena invertir tempo e ilusión. Xa temos algo máis para contarlle aos netiños... ;)
estou seguro que non vas poder demostrar a teu rigor como xornalista, por que o mundo da escea estate esperando cos brazos abertos...se non é así, eles o perden
Publicar un comentario