sábado, septiembre 02, 2006

Un gran verán

Comeza un novo mes e eu comezo outra etapa da miña vida. Hoxe é un día triste para min, de olladas perdidas e de intensas ganas de chorar por momentos. Onte despedinme de Galicia Hoxe, dos compañeiros do 'galego', e tamén do 'castelán', El Correo Gallego. Despedinme das redaccións polas que durante dous meses paseei na busca dalgún sitio vacío, despedinme do InCopy e do sistema e despedinme da miña sección de verán, que hoxe xa desapareceu da edición electrónica do xornal. Só teño palabras de agradecemento para todas e cada unha das persoas que compartiron algún momento conmigo neste tempo, porque entre todos me fixestes sentir que 'aquí' estaba o meu lugar e que 'esto' é o que eu quero ser de maior. Lévome moitas cousas do meu paso por Galicia Hoxe. Aprendín moito neste diario que, aínda que pequeno, foi unha boa escola para min e o primeiro achegamento ao mundo real do xornalismo. Síntome feliz de ter escrito en galego e ao meu xeito, sen máis esixencia que a de contarlle as cousas á xente o mellor que sei. Lévome todos os meus traballos, os meus primeiros traballos publicados, e todo o que me ensinaron as persoas que entrevistei e coas que conversei. Lévome tamén amigos como Marga, coa que compartín todo nesta experiencia, traballo e amizade, Paty, a miña compañeira de fatigas e viaxes accidentados, Alba, fiel ás noitiñas de tapas e noites en busca do amor, e Arturo, un sol que estivo aí desde o primeiro día. Lévome moito cariño e moitos risos de Pais, o mañico de deportes, as bromas e conversas sobre teatro de Héctor, os sorrisos de Rebeca, Laura, Raquel, Carmen, Dani, Carmen Lois, Cris e Vanessa, a cortesía de Antón Lopo (e os libros que me regalou), as dudas resoltas dos lingüístas que soportaron as miñas visitas continuas, e tamén me levo a Raúl que chegou ao final pero chegou. E todos, todos, os recordos, a ilusión que me devolveron e a sensación de que sempre serei ben recibida alí. Gracias a todos por facer que un verán sen praia e sol fose un gran verán.

6 comentarios:

María M dijo...

E os lingüistas vanme matar por poñerlle unha til que non lles corresponde :( ;)

María M dijo...

Máis fotos mañá, que hoxe o blogger anda repunante.

elduende dijo...

¿Un sol? Yo me veo más como un grano en el culo, pero bueno, gracias. Déjate (dejaos) caer algún día para tomar algo y así no tendremos que echarnos de menos.

*Sara dijo...

Case podería dicir "ídem" pola miña parte a todo o que comentas neste post.
Foi un gran verán e somos moi afortunadas por ser todo tal como foi.

Anónimo dijo...

Ves María? Acórdaste dunha conversa que tivemos na cafetería da facultade a finais de maio? Eramos dos poucos que non fixeramos prácticas e tiñamos medo de non ser que de facer o traballo para o que estudiamos. E aquí estás. Xa remataches as prácticas e todo foi positivo, e o que é máis importante, sabes que queres ser xornalista. Alégrome de que todo che fose ben! Bikos mil!

paideleo dijo...

Alédome de que a túa experiencia laboral fose tan boa.
Xa verás que no futuro haberá boas épocas.