This story is about love
Cantos soños xuntos nestas imaxes... Soños que só se cumpren en parte ao apagar a luz, deixar que o aire entre pola ventá e pechar os ollos para sentir o que algúns chaman voar. Só así, os campos de millo se converten nos tellados de París, esta habitación nesa bufarda de ensoño na que pode lerse 'Chambres a la journée', o feble brillo das farolas nos resplandecentes neóns do Moulin Rouge e mesmo esa voz semella susurrarche ó oído que te amará ata o final.
Ás veces é bo voar, aínda que despois te des conta de que non é máis que unha forma de botar de menos moitas cousas. Ese lugar que para ti é máxico e prometido ou aqueles días nos que chorabas ao sentir que o mellor que che pode pasar é amar é ser correspondido.
'The greatest thing you'll ever learn is just to love and be love loved in return'
(http://moulinrougemovie.com/mr.htm)
sábado, septiembre 09, 2006
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Dende logo non podo máis que refrendar o que dis: amar e sentirte amado é o máis grande do mundo.
Un saúdo.
Publicar un comentario