jueves, septiembre 28, 2006

Cartel ou cartaz?

Para un cartel ou cartaz chuliiiirmo no que aparecemos, van e poñen mal o nome do grupo. Pero que demo pasa? Isto xa se está a converter nunha costume. Que si algarabía, que si aldaravía, que si patatín, que si patatán. De verdade é tan difícil? ANDARAVÍA, AN-DA-RA-VÍ-A, A-N-D-A-R-A-V-Í-A. Por esta vez, perdonámosvos pero que sexa a última, eh?! Sabemos que somos un grupo pequeno (pero xeitoso) e que non gozamos de gran popularidade alén das nosas fronteitas vedresas pero é que nos doe no corazón. Non vou dramatizar máis e direivos que isto, aínda que certo, é unha excusa para lembrarvos que o vindeiro xoves, 5 de outubro, o Cactus celebra o seu primeiro aniversario e que poderedes vernos por alí facendo o que máis nos gusta... e non especifico. Tedes unha cita no lugar de Pite, parroquia de Lucí, concello de Teo (e ao que non chegue con tanta indicación xa lle vale) ás dez da noite. Compartimos "escenario" co grupo galego do momento, The Homens, que nos fará mover o esquelete a ritmo de power pop. Non se pode pedir máis, a noite do xoves presúmese ferpecta e vós estades convidados. E xa que a cousa vai de carteles ou cartaces, mirade este, que lindo!

Anuncia a carreira pedestre popular que se vén celebrando en Compostela desde hai 28 anos e foi creado polos alumnos de 3º da ESO do IES Porto do Son. A XXIX (léase 29, jeje) edición desta carreira terá lugar o 29 (XXIX en números romanos) -coincidencia?- de outubro (ou sexa do 10) ás dez e media da mañá, que vén sendo o mesmo que as 10:30, ou as 10:30 AM segundo teñas configurado o reloxo dixital, se é de agullas xa nada. Se vos interesa participar, aquí tedes toda a información: regulamento, inscrición, percorrido... Aos que se animen boa sorte e a suar a camiseta!!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

O costume, perdón!!!!!!

*Sara dijo...

Menos mal que á parte de correxir a Elianinha ou a quen se preste te corrixes a ti mesma tamén ;)
Súmome ás reivindicacións do nome do noso grupo de teatro! AN-DA-RA-VÍA. Por algo será que moitos xa pasan e poñen simplemente A.C. Papaventos...
Eu tamén lamento non poder formar parte dun cartaz tan bonito coma ese. Desexareivos moita merda dende Túnez!!

Elianinha dijo...

Graciñas, sara.
E que me corrixe María??? María a de llutube? ;)
É coña, eh, sen malos rollos eh...
DOmingo as 19h reunión da curta.

Anónimo dijo...

Pois si que é ben bonito o cartaz. É unha mágoa que puxeran o nome do gupo mal. De tódolos xeitos é un poster mágnífico para a habitación, non cres?

Vítor Vázquez² dijo...

Ei, case quince dias sen postear, e falto menos dunha semana, e atopome con dous posts.... Eña, unha aperta :)

paideleo dijo...

Pois muita merda nesa actuación e graciñas polos parabéns que me dás.
Un saúdo.