miércoles, abril 12, 2006

Cultura gratis e Rotondas con ás

Hoxe non é día para estar na casa senón por aí, paseando polos carreiros da aldea máis bonitiña do mundo. Fai un momento estaba a ver a través da ventá unha nube feitiña como ela soa e pensaba que sería ideal para botar unha sestiña. Agora xa se desfixo. É o que teñen as nubes, que non paran quietas e agora eu estaría no chan. Tras este bucólico inciso direivos que onte, fedellando pola rede, atopeime coa primeira editorial galega que publica na web, Ediciós da Rotonda. Pode que moitos de vós xa sepades dela pero para os que non tedes nin idea direivos que é un proxecto único en Galicia para a producción de contidos de libre distribución, o que significa que podedes descargar de forma gratuita as obras ou contidos que ofrece este portal xa que están publicados baixo a licencia Creative Commons. Os autores maila editorial renuncian ó monopolio sobre os dereitos de autor e ceden algúns para que a obra se poida copiar e distribuír de maneira libre e gratuíta. Mira por onde a SGAE non pode quitar tallada disto. De momento, a editorial só conta cunha novela, O home inédito, de Carlos G. Meixide pero pareceume interesante transmitir a existencia desta, insisto, proposta pioneira en Galicia. Se visitades a web veredes que ofrece moitas posibilidades ós usuarios tanto de descarga de contidos como de interactividade. Anímovos a que botedes unha ollada por alí.

3 comentarios:

Pedro Lima dijo...

"A Rotonda vén para lle tirar a esclerose ao panorama editorial"

Caiu-me bem!

Pedro Lima dijo...

Estou a ler o Homem Inédito!

María M dijo...

Xa me contarás se paga a pena, Pedro. Non é que non pense lela pero de momento estou ata arriba de lecturas obrigatorias. Bicos!!!