miércoles, agosto 17, 2005

A miña primeira vez

Ayy!! Que ilu!!! A ver que sae deste blog piloto tendo en conta que non existe sobre a faz da terra persoa máis inconstante ca min. Sigo a pensar que coma o papel e o lápis non hai nada pero, de tódalas maneiras, debo admitir que semella interesante isto de poñer a navegar os teus máis íntimos e non tan íntimos pensamentos e así poder compartilos cos demáis. Non che sei case nadiña dun mundo coma éste, o meu non é estar aillada diante desta porta a tantas cousas máis tempo do que por obligación teño que estar, pero aquí estou disposta a demostrar que non son allea ás novas formas de comunicación. Ademáis din que isto é o futuro do xornalismo independente ¿non?¿Poderei considerarme xornalista independente se colgo aquí a miña particular visión do mundo? Non sei. De momento o que sí son é unha "webblogger" ¿a qué mola? E isto que estou a escribir chámase "post", e... Vale! Seguro que xa o sabedes todo pero ¡¡deixádeme disfrutar da miña primeira vez!! Un bico a todas e todos os que veñades a mirar polo buratiño da porta que da á miña vida. Ah! E deixade as vosas mensaxes, eh?!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola Pichu!! ESta vez non é Albis a 1ª que che deixa un post (I'm sorry, Albis! jajaja), na túa blog definitiva (espero). Aínda que estea case baleira de momento, ten algo imprescindible para que sexa "algo teu, propiamente teu": ¡claro! ¡É rosa! Como a metade do teu fondo de armario, como a túa habitación, como a túa forma de ver a vida (ou de intentalo, vamos...).A min tamén me está picando o gusanillo das blogs, ¡faime ilusión escribir unha! ¿Ou será o aburrimento? Dá igual. Eu tamén quero ser blogueira. Vouno intentar!! En fin, moitos biquiños.Sara

Marla Singer dijo...

Como lees estoy poniéndome al día con tu blog. Es que sé que mola entrar y ver que hay muuuuuuuuuuuuuuuchos comentarios

Anónimo dijo...

You have an outstanding good and well structured site. I enjoyed browsing through it Teeth whitening information online Development management program training Cosmetic surgery credit card offer Acuvue vs acuvue 2 Protonix informaton internet blackjack