miércoles, febrero 07, 2007

Alumeando

As farolas xa ten un oco na rede. E o sábado 17 deste mes estréase no Pavillón Municipal do concello de Rois ás 22:30 h. Isto é para que vexades un pouco do traballo que hai detrás.

miércoles, enero 31, 2007

Pe

Aaaaiii!! Que envidia que me da Pe con sus goyas, sus nominaciones, su figura estilizada, su melena negra y su todo! Y que elegancia en sus andares y en sus vestires, ozú! Aquel Peeedro desgarrador es una manchita de nada en su trayectoria, aunque su sólo recuerdo nos siga estremeciendo. El vídeo es de 1990, en su primer casting para Telecinco, tan feliz ella. La prueba de que todos, si se alinean los planetas, podemos llegar a "be Pe, my friend".
Aquí, en la piel de Raimunda interpretando "Volver". La voz la pone Estrella Morente, que eso ya es otro cantar.

martes, diciembre 19, 2006

Raúl

Por moitas cousas. Pero principalmente porque si.

sábado, diciembre 16, 2006

Pa min pa sempre

Unha entrada especial. A entrada número cen. 100, 100, 100... Cantas letras, cantas palabras, canto vivido. E esta entrada, especial, podería dedicala a cen cousas especiais. Porque si, porque na miña vida existen máis de cen cousas especiais pero creo que ésta tiña que ser para lembrar ese día que xa non serei quen de olvidar. Como di elianinha nunha crónica que era necesaria, despois de "dar a murga mogollón" cun tema que se convertiu para nós no TEMA, evidentemente -e por se alguén anda perdido que non creo- falo da representación de 'Bicos' no Teatro Principal, pois era necesario dar as grazas a todos os que compartistes unha ilusión con nós, aos que estivestes alí e tamén aos que non puidestes estar pero quizáis lonxe ás 21:00 horas pensastes: "Bicos estará a punto de comezar, é o seu Gran Día". E non se trata dun xesto de ben nacido (é ser agradecido), non, é moito máis. É un grazas de corazón, un grazas que pica en ollos bagoentos, un grazas a ti, por estar aí, por crer en nós, por rirte, por ese aplauso, por darnos a noraboa, por erguerte da butaca e tentar que o teu aplauso se escoite por riba dos outros, e sobre todo, porque aínda que non te decatases fixéchesnos felices, e iso é impagable. Aquel día, de ceo tan triste, de auga incesante, de pedras esvaradizas e xentes agochadas tras paraugas e roupas grosas convertiuse nun gran día ao entrar nese teatro. Tres sensacións as que me percorren o corpo cando lembro: un abrazo de calor, ese recendo cargado de experiencias que te transporta no tempo e no espacio en segundos, e beleza, beleza por todas partes. A madeira envellecida desas táboas escoradas cheas de pegadas invisibles; os corredores que levan a mil e un lugares, ahora aquí, ahora acolá, descorro cortinas de terciopelo, estou nun palco, atraveso ferros e bambalinas, estou no escenario, investigo un pouco máis, estou nos camerinos. Camerinos de grandes espellos, con luces distintas. Escollo este que me vexo máis guapa. Víame guapa. Hai que ensaiar un pouco. Hai que encher o escenario, de extremo a extremo. Non temos medo, hoxe é noso. E un millón de focos tamén para nós. Luz, escuridade, luz, escuridade. Mirar cara arriba é perderse no infinito. Saltan cupidos e volven a saltar, a saída ten ser perfecta. No segundo piribiribí. Atentos brazos. Hai que vestirse, xa queda pouco. O telón baixa. Non o vin baixar. Seino. E tres buratos nos ten reservados para asixar. Tres buratos e moita historia asinada. E como se estivese prohibido fomos observando por turnos como o escenario se enchía. Platea, palcos, galiñeiro... De abaixo arriba. Un pouco con cada ollo. Quen falta? Meus pais, di unha voz. No, aí están. Todos estaban alí. Medio Vedra, di Calidonia. É a hora. Abrazos e aos nosos postos. Moita merda. Moita merda. Moita merda. Superstición. Un pouquiño sí. A normal. E máis abrazos e todos aos nosos postos de novo. E un bico nesas pulseiras. Para que non me faltara a forza de quen estaba lonxe e botei de menos. Sube o telón. Agora sei que non o vin baixar porque non esquecerei ese ruido. Para min para sempre. E saímos e todo foi como ninguén imaxinara porque non se pode imaxinar. Fundíronse o soño e a realidade nunha aperta perfecta. A mellor actuación da nosa vida. O resto é imposible de explicar. Pero Pati dixo unha frase que di moito e que xa non paramos de exclamar... Como soan os aplausos!! E case non fixen fotos coa emoción, e esquecinme de asinar no telón, pero espero volver. E espero que sexa pronto.
GRAZAS.

domingo, diciembre 03, 2006

Ye ye!

La Lotería ya veremos si toca pero de momento hoy lo que toca (como me luzco con los juegos de palabras) es compartir las fotos de un finde chachi piruli. Estrenando nuevo look que nadie nota -sólo yo sé lo que sufro con cada tijeretazo de mi peluquera y con la visión de mi pelo esparcido por las baldosas- me pinté la raya, guardé el pijama en la maleta y entregué mi cuerpo y mi alma a la fría y húmeda pero marchosilla noche estradense. Y érase una vez cinco chicas ye ye que se fueron a cenar algo tan poco glamuroso como pechugas rellenas para luego, con el estomágo lleno y rebosantes de energía, convertirse en las reinas de la pista. Tras los éxitos pop-rock del momento llegaron los clásicos como Pimpinela y su telenovela y, con ellos, las coreografías de las yeyés alcanzaron su clímax. Los chicos le sacaban el calcetín a sus móbiles y hacían fotos en modo ráfaga. Los más atrevidos suplicaron compartir píxeles con las estrellas y dibujaron su mejor sonrisa antes de ser cegados por el flash. Los más galantes quiesieron obsequiar la agradable compañía con chupas de fresa con chicle. Con el pelo alborotado y las medias de color (o en su defecto, los pantalones vaqueros) llegó la hora de retirarse a los aposentos de San Pedro de Ancorados a reflexionar acerca del éxito conseguido en la fiesta de pijamas y a revolver cajas y cajones ajenos, actividad fruto de la innata curiosidad sólo interrumpida por el profundo cansancio acumulado a lo largo de la agitada velada. Una paella y un chocolate con churros después, cada mochuelo a su olivo, o lo que es lo mismo, cada ye ye a su casa que ya está bien de tanta fiesta y no te quieres enterar. P.D. El mochuelo que escribe se despertó esta mañana con un herpes en la boca, se miró al espejo y exclamó: ¡Y el jueves al Principal!
De izq. a der. y de arriba abajo: Sara, Pamela, Sandra, yo y Rocío Búscate una chica, una chica ye ye, que te comprenda como yo
La anfitriona. Nos regaló "la expresión del buen gusto" Gracias por el chupa con chicle Pablo Penide con P de "pato" ;)
Hey sister, go sister, soul sister, flow sister!
Y vendrás a pedirme de rodillas, un poquiiiiiito de amor
Borjita, tú sabes que le estaba diciendo al fotógrafo que le diera fuerte al botón

jueves, noviembre 30, 2006

Perxuizos (seica agora dise así)

Toda a vida facéndoo e decátome agora de que non me serve de nada. Falo das cancións que escoito cando estou a pasar por unha desas épocas que chaman 'de baixón', na que todo en min está baixo menos o chicho en forma de fonte que volve facer a súa presenza na miña cabeza cando non teño gana nin de peinarme. Pois non, non me serven de nada. Ese xeito de refuxiarme na miña propia dor, de autocompadecerme, de empatizar con todo o que semella triste, xa non me alivia (dubido que o fixera algunha vez) e comeza a darme noxo. Polo tanto, xa non máis letras/música/ vídeos nas que amosarme as vosas condolencias, que se agradecen moito, claro, pero non necesito.
O que quería contarvos hoxe é que estou facendo un curso de Photoshop e encántame, sobre todo, por volver a atoparme con esa clase de persoas que saben moito e saben transmitilo para que outras coma min que non saben nada, se volvan listos, moi listos. Pedro, que así se chama o profesor, cáeme ben pero esta mañá sorprendinme cando me din conta de que soñara con el. No soño, preguntábanos os seus alumnos que opinabamos del e eu díxenlle que me parecía borde e un pouco seco e el tomouno moi ben. Supoño que se dixen iso foi porque cando chegou o primeiro día non se dirixiu a nós ata que pronunciou o típico discurso de presentación que un solta de memoria despois de varios anos. Pero non é borde. Onte paseino fatal na súa clase porque tiña sono e non era quen de mater os ollos abertos, quedábame durmida sen poder evitalo. Facía moito tempo, dende as clases de radio de 1º de carreira con Pousa, ás nove da mañá, (Pousa + horas tempranas = Zzzzzzz) que non loitaba contra morfeo de tal xeito. Pero vencíame unha e outra vez. Incluso advertín a un compañeiro do me estado pedíndolle que por favor me despertara se vía que me desplomaba sobre o teclado. No descanso, cando todos saen a tomar café ou estirar as pernas, vin a luz e boteime a durmir enriba da miña carpeta cos brazos de almofada. Non sei canto tempo pasara cando sentín que o compañeiro me tocaba un ombro e espertei sobresaltada. Pedro estaba ollando para min cun sorriso. Non é borde. É riquiño.
Por certo, todos aqueles que queirades reservar unha entrada para o Gran Día, o xoves 7, dicídemo antes do venres. Se facedes reserva sáevos a metade de prezo, isto é 1,5 €. Se os vosos petos non poden resistilo, enténdoo, pero non sabedes o que perdedes. XD

martes, noviembre 28, 2006

El final siempre es un principio, no?

"Puede que no valga la pena escribir tan lejos de la poesía, todas las palabras que te quiero decir se me rompen en seguida, no me quedan flores le arrancaron la raíz, se pisaron las semillas, me di cuenta tarde que te perdí, por pensar que te tenía. Creo que los bares se deben abrir para cerrar las heridas, y toda la noche me acuerdo de ti y te olvido cada día y vuelvo a se run loco para sobrevivir a la locura de la vida, muchas veces la cabeza y a menudo la nariz y una voz que me decía: déjate llevar si el alma te lleva, duele el corazón, cuando te lo dejas cerca del final donde todo empieza. Donde todo empieza."
Letra: Fito
Foto: Elliot Erwitt

viernes, noviembre 24, 2006

Si? Un, dous,...

Experimentando sempre. Agora xa podedes deixar os vosos comentarios de voz nesta páxina. Só tedes que dispoñer dun micro e ir ata o Micro de Navegador Evoca (chámase así) que encontraredes na marxe dereita desta blog, onde están os enlaces e todo iso. As mensaxes son privadas e podo escoitalas a través dunha conta que abrín en evoca.com. Eu tamén podo grabar o que queira e deixalo aquí para vós. De momento, o que subín foi unha canción porque aínda estou probando. Ala!

martes, noviembre 21, 2006

Cancións de amor

Cando hai canción ninguén comenta. Os gustos musicais son moi persoais, igual que case todo o que que cada un de nós -refírome aos que conformamos o blogomillo- escribe na súa bitácora. Pero o das cancións é distinto. Cada persoa interpreta unha mesma canción de xeito que se identifique mellor con ela e por iso moitas veces sentimos que unha letra describe perfectamente o que somos ou unha situación que estamos a vivir. Facemos nosas as cancións. Só nós sabemos realmente por que escollemos unha letra ou melodía, o que significa cada palabra dunha historia para a nosa propia historia e por iso, penso eu, que as cancións que moitos rescatamos do "iutub" ;) non triunfan entre os nosos lectores. Poucos se molestan en darlle ao play e pasan a outra cousa. É comprensible. Co vídeo de hoxe eu quero expresar algo que apenas sei explicar cun discurso coherente porque non se me da ben falar de sentimentos, pero á vez paréceme moi sano facelo. Escribirei pensamentos soltos que se amontoan na miña cabeza como que estou farta de finais tristes, de equivocarme unha e outra vez, de que cheguen á miña vida persoas que non veñen para quedarse, das palabras que se leva o vento e de non poder dicir que non o merezco porque nin eu estou segura diso. E pedirei perdón tamén, porque non me costa, se lle fago dano a alguén sen querer, por crer que só se pode amar dun xeito, o meu xeito, e rexeitar os demais. E pode que dúas persoas non se entendan, que pensen diferente e iso sexa un problema, pero sempre hai que loitar polas persoas que nalgún momento che fixeron sorrir de cariño. Esforzarte por mantelas preto de ti, porque se o fixeron unha vez sempre poden volver a facelo.
(A letra, por se queredes facer karaoke, jeje)
Tu me decías que nada te haría cambiar y yo te decía que cambiaste todo para mí, tu me decías que estabas triste con la vida, pero yo, nunca te creí. Estoy tan cansada de las canciones de amor , siempre hablan de un final feliz... bien sabemos que la vida nunca funciona así. Yo te mandaba las señales que se me ocurrían, tú nunca las entendías, no escuchabas bien, un día me cansé y claro está que te dejé no me hacías caso, entonces para qué? Estoy tan cansada de las canciones de amor siempre hablan de un final feliz... bien sabemos ke la vida nunca funciona así. Habría hecho todo pero tú nunca entendiste nada, nada de nada la vida siempre tiene que seguir aunque mi corazon se parta y no quede nada, por eso... Estoy tan cansada de las canciones de amor siempre hablan de un final feliz, bien sabemos que la vida nunca funciona así

miércoles, noviembre 15, 2006

Unha foto en B&N

Home, eu non quería ser pesada... Pero é que me fai tanta ilusión abrir o xornal e atoparme cousas así. Ultimamente publican moitas novas que teñen que ver con nós e cando hai foto, alí estou eu (e xuro que é casualidade) cun novo careto que bota por terra esa creencia que tiña de que era fotoxénica. Hoxe, un amigo da miña irmá preguntoulle se tiña eu algún tipo de enchufe na prensa, por iso de pertencer ao gremio... É unha tontería, máis no primeiro que penso cando me vexo é no día en que llo ensine aos meus fillos e lles diga: vedes, a vosa nai fixo algunha cousiña que mereceu a atención dos medios, andivo metida niso que lle chaman o mundo da cultura e o espectáculo. Penso niso e por primeira vez, hoxe, pensei ¿e se estes recortes algún día deixan de ter importancia para min cansada de ser portada de Vogue ou de Fotogramas? Jajaja... Inmediatamente retornei a esa imaxe na que sostiña unhas follas que amarillearan co tempo e a humidade. Seguramente volva a fantasear xa que á fin os soños son o único que ninguén nos pode arrebatar.