viernes, noviembre 10, 2006

Engordando o dossier

Hoxe, ás 12:20 horas, recibín esta mensaxe de Luís, un amigo:
"Vaya foto q t dedik La Voz, qué posturita...!"
Estaba na cama -tou cun gripón- e erguinme de inmediato -vale, ao mellor é un catarriño- para ollar a Voz en internet. Preguntábame baixo que título se atoparía a imaxe da indecencia. Supoñía que era algunha foto da obra, de 'Bicos', pois na miña vida diaria non se me pode acusar de falta de decoro, pero... Estaría como recheo na axenda cultural? Trataríase dunha reportaxe verbo do Agustín Magán? Intriga.
Non me podía esperar isto. Non sei que dicir. Estou emocianada.
E imos ao Principal!!!! E ti tamén, claro, porque sen cada un de vós isto non tería sentido. Así que lembra: o 7 de decembro vémonos alí.

martes, noviembre 07, 2006

Take That - Patience
Sen palabras

Cara o Teatro Principal

Esta rúa da nosa fermosa cidade leva cara un soño que tornará real... Por un día seremos as estrelas de Compostela! Alí, na cidade prometida, entre as pedras de charol, co son da Berenguela e sobre as táboas dese teatro no que sempre fun espectadora. Ao mellor, desta vez, é outra persoa a que garda unha entrada rachada entre billetes de metro e cartas de amor. Quizáis sexa a de 'Bicos'...
Continuará...
Foto: Rúa Nova

domingo, noviembre 05, 2006

Unha imaxe NON vale máis ca mil palabras

Bueno, bueno, bueno... -que xeito tan errado de comezar a escribir, cunha triple muletiña que non aporta nada e que ademais é un castelanismo da pe (a miña querida Carme Hermida non estaría orgullosa de min)-. Hoxe tiña moitas ganas de contarvos cousas pero poucas de escribir, polo que colgo algunhas imaxes e coméntoas a xeito de telegrama. O certo é que este mes está sendo moi axitado para o grupo de teatro, temos actuacións todas as fins de semana, pero andamos encantados de vivir o noso particular outono cultural. A semana pasada actuamos en Gres, na Fundación Xosé Neira Vilas -un vello amigo de Papaventos- e andivemos por alí vendo as súas bibliotecas, o museo e a súa colección de cadros de Seoane. Un luxo. A foto é da biblioteca dos cativos, decorada pola súa muller, a temén escritora Anisia Miranda.
Tamén actuamos en Arzúa e en Boimorto, onde ceamos con 'Mini' Rivas, fundador de Fuxan os ventos, e puidemos ver de preto a espesura da súa mítica e longa barba. A foto está en www.fotolog.com/papaventos. Como di María G., temos moita sorte de poder compartir momentos con verdadeiras lendas vivas da cultura galega. Hoxe, tocou ir ata Brión e mañá é un día especial para nós porque 'Bicos', pode ser seleccionada para participar no Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán que organiza FEGATEA (Federación Galega de teatro Afeccionado). Magán foi o fundador de Ditea, a compañía de teatro amador máis antiga de Galicia que xa nos visitou na nosa mostra Teatrofilia. Crucemos os dedos.
Sei que vos prometín unha crónica de rodaxe da curta que grabamos pero como aínda non tiven tempo - necesítoo para facer memoria- deixo como anticipo esta foto na que estou a puntiño de ter algo máis ca palabras con Miguel de Lira e, polo tanto, de convertirme na muller máis envexada do mundo mundial, jeje... Aaaai!! Meu currasiño! Que diría miña nai.

Por certo, que os protas de Pepe O´Inglés teñen cadansúa blog, así que por se vos interesa aquí mesmo vos deixo a dirección. Para rematar, 'linkeo' unha nova curiosa que publica hoxe 'El Correo'. Os estudantes de mediciña estanse quedando sen ósos en Compostela, vaiapordeus.

miércoles, noviembre 01, 2006

Tu peor error

Hace tiempo que comento con la almohada / que tal vez si para ti soy una carga / hace tiempo que ya no te creo nada / y he notado tu sonrisa algo cansada / con los días se amontonan los momentos / que perdimos por tratar de ser sinceros / y aunque no me creas creo que aun te creo / y aunque no me quieras creo que aún te quiero. / Yo! Perdida entre la confusión / de no saber si sí o si no / voy esquivando tus miradas / Yo! Que he sido tu peor error / me quedo con la sensación / de no tener las cosas claras. / He tocado con la punta de los dedos / ese cielo que prometes con tus besos / como un niño me creí todos tus cuentos / y aunque tú me entiendas yo ya no te entiendo. / Sólo quedan los recuerdos de ese invierno / que pasamos enterrando sentimentos / y aunque no me creas creo que aún te creo / y aunque no me quieras creo que aún te quiero. / Yo! Perdida entre la confusión / de no saber si sí o si no / voy esquivando tus miradas / Yo! Que he sido tu peor error / me quedo con la sensación / de no tener las cosas claras / He sido yo / lo amargo de tu voz / la mala entre nosotros dos / y no pasa nada / si apago la luz / te busco y no estas tú / si el tiempo no nos dijo adiós / y todo se acaba. / Yo!

martes, octubre 31, 2006

A cuál preferís?

a) Al tío que va de cabronazo y realmente lo es y te jode la vida pero tienes que asumirlo porque nunca escondió su condición de cabronazo

b) Al tío que va de bueno pero realmente es un cabronazo y te jode la vida pero puedes consolarte pensando en que no eres tonta y que te engañó

miércoles, octubre 25, 2006

Caquita de la vaquita!!

En fin, en fin, en fin... Digo adeus ou un case adeus ás prácticas de inverno. Tres probas de selección -Cadena Ser, El Correo Gallego e CRTVG- e o meu nome por ningures. A 'subasta' das prazas que non requiren proba é o venres pero antes ca min escollen arredor de 20 persoas (se seguen interesadas) e só hai 9 prazas. Así que dubido moito que poida optar a algunha delas e traballar os vindeiros seis meses. Terei que buscar outra cousa para manterme ocupada este tempo e voltarei a probar sorte na convocatoria de maio. Todo isto para contarvos que onte, na proba para a tele, tiñamos a posibilidade de responder a un cuestionario sobre cultura e/ou deporte. Pedín o folio de cultura, lin as preguntas, e gardeino debaixo da mesa sentíndome igggnorante perdida. Deixo aquí as preguntas e anímovos a que demostredes o voso dominio da área en cuestión. Non vale consultar as respostas!!! En tres días colgo a solución. Sorte!
1. Sabes quen gañou a última edición do Premio Planeta de Novela? A respecto deste premio, por que houbo polémica en Galicia?
2. Por que estivo de actualidade a rodaxe do filme 'Os mortos van á presa'?
3. Que podes dicir sobre o autor da banda sonora da película de animación 'De profundis'?
4. O CGAC exhibe actualmente unha exposición de Menchu Lamas. A que colcetivo pertenceu nos seus inicios?
5. A compañía Nova Galega de Danza está integrada no Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais?

Cadro: 'Espiral do soño', de Menchu Lamas

sábado, octubre 21, 2006

Isto ten que ser visto en Lüneburg

Que che vou dicir que ti non sepas pequena farangulliña? Que te quero? Que me sinto feliz por todo o que estás a vivir? Que os miles de quilómetros non son nada para nós? Que estou desexando que chegue o 20 de decembro para que volvamos a xuntarnos todas? Sei que o sabes pero para lembralo, cando o precises, só tes que vir por aquí. Bicos dende Vedra!!!

martes, octubre 17, 2006

Aínda queda moita acción e moito que cortar

(...) No obstante, lo más importante de esta producción es el altruismo y las ganas de realizar proyectos nuevos de los miembros del equipo técnico y artístico, compuesto por unas cuarenta personas, la gran mayoría del concello de Vedra. "Estamos todos muy ilusionados con esto y creo que va a quedar una cosa bonita", asevera Rendo. "Es una historia accesible a todo el mundo, ya que queremos que la gente entienda lo que se quiere decir en este corto", añade. Ler máis

Tierras de Santiago dedica á nosa curta unha páxina par na sección 'Culturas'. A rigurosidade non é o punto forte da reportaxe, hai algúns erros, pero serve para facerse unha lixeira idea do que foi e está sendo esta aventura. Esta fin de semana de rodaxe foi incrible, paseino tan ben... Prometo contar todo en canto teña tempo e descanse un pouco porque isto acabou con nós... De todos os xeitos, teño que dicir que me da pena que rematase a grabación polo que respecta ás despedidas. Menos mal que xa temos data para o 'pase privado', uhhh!!, en decembro, e seguro que nos reunimos antes para ver fotiños das mil e unha cámaras que inmortalizaron o 'making of'. Estou moi feliz.

lunes, octubre 09, 2006

Que?

Teño moitísimas cousas que contar dende a última vez que escribín aquí. Podería comezar polo principio pero vouno facer polo final que o teño máis recente. Onte levei un desgusto moi grande a última hora da tarde, despois de rematar o segundo día de grabación dunha curta na que estamos participando todos os compañeiros de Papaventos. Tiven unha discusión forte cun deles e afectoume bastante. Este non é o lugar máis axeitado para expoñer os motivos que desencadearon a disputa máis eu necesito explicar o que sinto. Hoxe estou moito mellor despois de falar cos meus pais porque teño a gran sorte de manter con eles unha relación de total confianza que á vez é moi distinta con cada un deles. Os dous son ese tipo de pais que se alonxan moitísimo do estereotipo de proxenitores aduladores e superhipermega orgullosos publicamente dos fillos que nunca se cansan de figurar como nai de ou pai de en todos e cada un dos sitios aos que aqueles van ou nos ámbitos nos que participan, creo que me entendedes. Son, polo contrario, moi críticos conmigo cando é necesario, co meu traballo, coa miña actitude ou co que sexa. Isto, que ás veces me parece unha falta de interés pola súa parte en min, ou de apoio, é sen embargo algo que admiro deles porque teño moi presente que eu son o que eles máis queren neste mundo e que queren o mellor para min, algo no que coinciden a maioría dos pais e nais deste mundo mundial. De maneira que fai que me repatee até límites que nin vos podedes imaxinar, a actitude deses outros aos que se lles enche a boca ao falar dos seus descendentes... Es que mi niña me come de maravilla, y luego echa unos eructitos que son la envidia de todas las madres del parque... Porque resulta que hai unha cousa que se chama modestia e humildade, e tamén hai outra, que non ten nada que ver, claro está, que é a falsa modestia. A min educáronme na primeira, a segunda ódioa tanto como a fachenda, a vaidade ou o ensoberbecemento. Eu teño miles de defectos e cando digo miles son miles, non é hipérbole. Sei que son unha persoa 'difícil' de tratar, seino eu e sábeo a xente que me quere e mo di, entre outras cousas porque son inconformista, protestona, pouco falsa (xa que a veces é necesario selo para unha mellor convivencia das persoas), non tendo á idolatría de ninguén, e, sobre todo, porque nunca me interesou caerlle ben a todo o mundo, de feito é algo que me asustaría. Pero non son vaidosa. Pode haber xente que así o crea, respéctoo, porque tamén teño claro que coñecerme a min é difícil a pesar de que moitos consideren que me teñen 'calada', pero ás veces este tipo de xuízos dóenche. Neste caso, pódese dicir que foi a gota que colmou o vaso e que ademais me colleu desprevida. Onte estaba cansa, un pouco desilusionada e tristona, e no medio da discusión boteime a chorar como unha nena. Non soporto á xente de lágrima fácil (adoezo bastante diso), e para min foi unha mostra de debilidade e case que de inestabilidade emocional que fixo que me sentira aínda peor. Colleume en mal momento. Como xa dixen, falar cos meus pais axudoume moitísimo. Están ao tanto do que pasa e aconselláronme sobre o que debía facer. Xa podo durmir máis tranquila. Polo demais, a experiencia de participar nesta curtametraxe está sendo positiva. O que máis me está gustando é ver traballar de preto á xente profesional no equipo técnico. Estou aprendendo cousas sobre a fotografía en cine e cada día apasióname máis o tema. O director de fotografía ten unha cámara de formato medio que me ten namorada e xa estou desexando ver o que sae de aí. En fin... aínda me queda moito que contar pero hoxe xa paro aquí co rollo.