sábado, septiembre 09, 2006

This story is about love
Cantos soños xuntos nestas imaxes... Soños que só se cumpren en parte ao apagar a luz, deixar que o aire entre pola ventá e pechar os ollos para sentir o que algúns chaman voar. Só así, os campos de millo se converten nos tellados de París, esta habitación nesa bufarda de ensoño na que pode lerse 'Chambres a la journée', o feble brillo das farolas nos resplandecentes neóns do Moulin Rouge e mesmo esa voz semella susurrarche ó oído que te amará ata o final. Ás veces é bo voar, aínda que despois te des conta de que non é máis que unha forma de botar de menos moitas cousas. Ese lugar que para ti é máxico e prometido ou aqueles días nos que chorabas ao sentir que o mellor que che pode pasar é amar é ser correspondido. 'The greatest thing you'll ever learn is just to love and be love loved in return' (http://moulinrougemovie.com/mr.htm)

sábado, septiembre 02, 2006

Un gran verán

Comeza un novo mes e eu comezo outra etapa da miña vida. Hoxe é un día triste para min, de olladas perdidas e de intensas ganas de chorar por momentos. Onte despedinme de Galicia Hoxe, dos compañeiros do 'galego', e tamén do 'castelán', El Correo Gallego. Despedinme das redaccións polas que durante dous meses paseei na busca dalgún sitio vacío, despedinme do InCopy e do sistema e despedinme da miña sección de verán, que hoxe xa desapareceu da edición electrónica do xornal. Só teño palabras de agradecemento para todas e cada unha das persoas que compartiron algún momento conmigo neste tempo, porque entre todos me fixestes sentir que 'aquí' estaba o meu lugar e que 'esto' é o que eu quero ser de maior. Lévome moitas cousas do meu paso por Galicia Hoxe. Aprendín moito neste diario que, aínda que pequeno, foi unha boa escola para min e o primeiro achegamento ao mundo real do xornalismo. Síntome feliz de ter escrito en galego e ao meu xeito, sen máis esixencia que a de contarlle as cousas á xente o mellor que sei. Lévome todos os meus traballos, os meus primeiros traballos publicados, e todo o que me ensinaron as persoas que entrevistei e coas que conversei. Lévome tamén amigos como Marga, coa que compartín todo nesta experiencia, traballo e amizade, Paty, a miña compañeira de fatigas e viaxes accidentados, Alba, fiel ás noitiñas de tapas e noites en busca do amor, e Arturo, un sol que estivo aí desde o primeiro día. Lévome moito cariño e moitos risos de Pais, o mañico de deportes, as bromas e conversas sobre teatro de Héctor, os sorrisos de Rebeca, Laura, Raquel, Carmen, Dani, Carmen Lois, Cris e Vanessa, a cortesía de Antón Lopo (e os libros que me regalou), as dudas resoltas dos lingüístas que soportaron as miñas visitas continuas, e tamén me levo a Raúl que chegou ao final pero chegou. E todos, todos, os recordos, a ilusión que me devolveron e a sensación de que sempre serei ben recibida alí. Gracias a todos por facer que un verán sen praia e sol fose un gran verán.

martes, agosto 22, 2006

O Pichus's Rock

Alba, eu e María recén levantadas

As tres nas Fragas do Eume. Alí, por sorte, non chegou o lume

En Moeche, con Juanjo, agardando aos irmandiños
O Pichus´s Rock de Valdoviño foi unha escapada de fin de semana coas nenas que necesitaba despois de tres semanas traballando todos os días. Un paseo polas Fragas do Eume, unhas boas compras na feira de Pontedeume, un asalto irmandiño ao Castelo de Moeche e un baño nas frías e revoltas augas da Frouxeira despois, xa estou na casiña con catro quilos de máis porque non houbo segredos para o padal. A boa vida é o que ten...

viernes, agosto 18, 2006

Cumprimos un ano

Estamos de aniversario. Quen me ía dicir a min que esto seguiría en pé logo dun ano! Síntome contenta de ter creado esta páxina que me 'obrigou' a escribir e evitou unha oxidación nada desexable. Só quería dar as gracias a todos os que pasastes por aquí e deixastes unhas letras e tamén aos que fixestes aumentar cada día ese número que marca o contador. Eu seguirei no mesmo sitio por min e para 'vós'. Veremos que nos agarda este ano que comeza... xa!! :)

miércoles, agosto 16, 2006

Isto non é o que eu quería

Hoxe houbo sesión de fotos no xornal. Isto está a piques de rematar e eu sen negativos non marcho. Cando chego á casa póñome a experimentar e saen cousas así. Non é o que eu quería. Non. Ese fondo negro non tiña que estar aí pero algún día serei unha experta na manipulación fotográfica. Entón, demostrareivos todo o que sepa facer.

viernes, agosto 11, 2006

Xa non quedan títulos nin titulares

Estaba vendo a tele cando chegou miña nai á casa correndo. Era arredor da unha da mañá. Vía o especial contra o lume que botaban na galega. Arde a terra máis verde, a nosa terra. No programa estaban Barreiro Rivas, Manuel Rivas e máis xente tentando atopar respostas ao que está a ocorrer. Lumes provocados por incendiarios, xente con trastornos, tolos. Lumes para limpar leiras, lumes para ver marcos, lumes para renovar pasto para o gando, lumes de vinganza entre veciños, lumes por descoido, por unha barbacoa mal apagada. Tamén lumes a mala fé. Lumes intencionados ou non intencionados pero sempre provocados. Hai quen fala de mafias organizadas porque é inexplicable tanto lume tantos días ás mesma horas. Madeireiras que así conseguen materia prima barata, constructoras que gañan terreo edificable... "Recalificadores primarios de solo urbanizable" di Forges nunha viñeta. Non parecen estes os principais sospeitosos xa que as terras non se poden recalificar tan axiña. Considero máis probable o que din outros de que hai sectores dispostos a crear unha atmósfera de psicose entre os galegos e provocar un malestar que afecte ao governo. Por outro lado, o lume que prende nos medios de comunicación chama sempre por máis lume porque son moitos os ignorantes que desexan ver como a súa obra acada repercusión pública. Imos acender un pouquiño por aquí, a ver se sae na tele.

Entre argumento e argumento comezou a arder Vedra, que hoxe xa tiña unha lapiña debuxada no mapa de lumes do xornal. Desde a terraza podía verse unha columna de fume na aldea de Fufín. Miña nai cambiou o calzado e eu collín a cámara.
(...)
Nunca estivera nun incendio. É verdadeiramente triste ver como algo tan incrible e fermoso coma o lume destrúe algo tan incrible e fermoso coma o monte. Pouco a pouco foron chegando os veciños, con machadas e pás. Cortaban ramas dos árbores e tentaban apagar o lume coas propias armas da natureza. Mentres, chegaban os tractores con cisternas que cambiaron purín por auga. Os accesos eran malos pero as inmensas e temibles rodas conseguiron internarse na negrura e espesura do monte.

Arredor de dez tractores e cincuenta veciños uniron as súas forzas para apagar durante dúas horas unhas labaradas que querían acabar cunha parte da nosa vida. Non é literatura barata decir que cada vez que o monte arde, nós morremos un pouco. E podémolo sentir porque nos doe o corazón. Supoño que non todos amamos isto do mesmo xeito. Eu crecín entre árbores, nunha casa medio perdida no monte onde entraban a roubar os ladróns e deixaban bebés abandoados na porta. Vivín tamén rodeada de asfalto, pero agora o meu fogar está nun lugar que adoro e que escollín. Se extendo o brazo pola ventá case podo tocar os carballos e sei que se o lume prende aquí, a miña casa correría perigo. Temos medo, é lóxico, pero hoxe, despois de ver a solidariedade dos nosos paisanos, estamos máis tranquilas, ademais de emocionadas.

As cadeas humanas apertando as mangueiras seméllanse a aquelas que aferraban capachos cheos de chapapote. As rifas e porfías esquécense estes días nos que unha manchea de malas persoas esparexidas por Galiza non fan máis que lembrarnos que o resto da xente ten un gran corazón.

jueves, julio 20, 2006

A vida pode ser maravillosa

Ola olita!! Despois dunhas mini-vacacións blogueiras, motivadas polo desexo de formarme unha opinión verbo da miña experiencia como xornalista en prácticas de Galicia Hoxe, aquí estou de novo para ilustrarvos coas miñas venturas e desventuras. O caso é que, neste momento, o traballo é o centro da miña vida, sabía que escribir aquí significaría falar do tema e non quería aventurarme, pois, a gritar aos catro ventos o feliz que son, por temor a que todo fosen castelos no aire. Pero sí. Estou feliz e contenta. Despois de 15 días -un cuarto do tempo que botarei en GH- podo decir que son afortunada. Nunca me vira traballando nun xornal pero descubrín que me gusta escribir, a min, que son de natureza cotorra. O de escribir sempre estivo ligado na miña mente ós pensamentos máis íntimos e persoais, aos desafogos da alma, ou ás plumas ilustres capaces de contar historias que mereceran a pena. Ao primeiro estou afeita e para o segundo non teño talento. Pero sí, descubrín que me gusta escribir, a pesares desa gran ausencia, esforzarme porque as miñas palabras cobren sentido colocadas unhas detrás doutras. A sección para que o fago, chámase "verán". Temas amenos e sen gran trascendencia nos que dende o primeiro día me deron liberdade e capacidade de decisión. Son autora, son creadora e asino o meu traballo. Tamén "pico" notas de axencia como din alí, e tamén me gusta. O importante é aprender e saber de todo. Tiven moita sorte cos compañeiros, pero sorte sorte, con Marga, a miña xefa máis directa. É doce, amable, comprensiva... é un amor. Alí non somos unhas traballadoras máis, non deixamos de ser becarias e non no mal sentido, senón todo o contrario. O noso traballo respétase e considérase profesional, pero non hai unha presión que afogue. Saben que estamos entrando en contacto con ese mundo, que estamos aprendendo e adáptanse ó noso ritmo. Nós, esforzámonos por adaptarnos ó ritmo dos que xa saben, todos poñemos da nosa parte e sinto que me alegro do que me tocou, do lugar onde fun dar. ¿Que fixen este tempo? Pois fixen tres entrevistas, unha reportaxe, unha primeira para verán, a axenda, novas e breves para sociedade e nacional, o comentario da foto do día... Hai cousas que me motivan máis que outras pero nada, nada, me repugna. Polo demais, o horario, é perfecto, de 4:30 a 9 (PM, jeje), traballo sábados e domingos alternos pero non me queixo. Podo durmir pola mañá e saír pola noite. A redacción é na zona vella e pasear cada día por alí, á noitiña, cando a calor xa non abafa, é un pracer que descoñecía. As festas do verán agárdannos e non temos que renunciar a elas, outro dos grandes praceres desta época. A praia, vémola pouco, pero cando podemos, coma esta fin de semana, fuximos e gozamos ao máximo. En fin, que a vida pode ser maravillosa...

sábado, julio 08, 2006

Milagros de la tecnología

Desde la distancia que permite una mayor objetividad y desde la más absoluta de las modestias he de reconocer que la chica de la foto es guapa, un bellezón diría yo, a pesar de lo rojo de sus ojos y del amigo espontáneo que siempre acaba fastidiando esas fotos únicas e infieles a la realidad que la gente de los chats utiliza para engañar a los demás. Y no es que sea fea pero esta vez la cámara me ha querido mucho mucho demasiado. Os perdono que hoy no me dejéis comentarios.

¿Sola en casa?

Al final este verano no voy a tener la casa sólo para mí. Este pequeño plumífero se empeña en entrar en mi salón (ya van cuatro veces) por algún pasadizo secreto que desconozco y revolotea histérico dándose golpes contra los cristales para llamar mi atención. Eso es lo que quiero creer yo. Que alguien es capaz de autolesionarse por devoción a mí como hace la superviviente esa de la tele por amor a su amado cónyuge. A simple vista, el pajarito tiene buenas intenciones como quitarme de delante la montaña gigante de ropa que tengo que planchar y que amenaza con convertirse en la columna de colada más alta jamás vista por el ojo humano. A ver si tengo suerte y me pasa lo que al famoso zapatero de los cuentos.

martes, julio 04, 2006

Fotos

Hoxe toca publifotoreportaxe. Máis fotos, boas fotos, en www.fotolog.com/mariquinhass/. Non deixes de ir.