sábado, agosto 27, 2005

Dúas tetas tiran máis que dúas carretas

Xa mo decía miña nai. Eu sempre pensei que tiña as tetas pequenas, (levo unha 90 pero son pequenas). De pequena miña nai dicíame: "Así saberás que cando alguén che queira, quererate por como eres e non polas túas tetas". E continuei feliz o resto da miña vida. Aprendín tamén eu a querelas a elas tal e como son. E para que enganarvos, teño unhas tetas moi bonitas. Pero nunca ata este verán me dera conta do poder de atracción que teñen. O caso é que taba eu coa miña "irmá-prima" na praia, tomando o sol, facendo top-less (elas tamén merecen algo de radiación ultravioleta) e ó lado, uns tíos que semellaban estranxeiros, intentaban mirarme os óllos pero non podían. Esa mesma noite, dirixímonos cara á festa (xa sei que falta información de background, je!) e puxémonos á cola dunha destas atraccións de última moda que teñen grande poder de convocatoria (igualiño que as miñas tetas) e que cando te subes xa te estás arrepentindo porque con 21 anos xa non estás pa esos trotes. Total, que cando me dispoño a darlle a entrada ó tipo, négase a collela e susúrrame ó oído: "Volve despois outra vez". E a Sara igual. ¡Pois vale! Despois de sentir como a nosa persoa corría o perigo de estrelarse contra o chan durante uns minutos, decidimos volver a facer a cola e aceptar tan amable, aínda que sospeitosa, invitación. Mentres Sara escrutaba ós tipos en busca dalgunha sinal que nos indicara que, efectivamente, eran uns asasinos en serie como nós pensabamos, de pronto exclama: "¡María, son os da praia!" Uff! Menos mal. ¿Queredes saber que pasou despois? Pois que nos volveron a regalar as entradas, je, je. Ó día seguinte, outros rapaces, na praia ofrecéronse a deixarnos a súa super-mega-guay colchoneta en forma de Dragón. E alá tivemos toda tarde con Imperioso, que non cos tíos, pasándoo en grande. ¡Pobres! (tono irónico-zorrito).

3 comentarios:

Marla Singer dijo...

Que razón tes! E dígocho eu que levo unha miserable 80/85 (aínda que teño as tetas redondiñas e firmes) e sempre fago topless. Non sei como te podes queixar cunha 90 mariquiña, eres do que non hai! A 90 é a talla ideal. O debuxo está de puta madre!

*Sara dijo...

Dou fe de que todo o que conta Mariquiña é certo. Gracias,porque pola túa exhibición (jeje) puiden ir de gratís na atracción e pasar unha tarde estupenda tumbada no dragonciño Imperioso, aínda que logo o seu dono viñese darnos a vara... jajaja. Ademais,cando estabamos falando cun amigo de Mariquiña dos ¿rumanos, polacos, croatas? da atracción, díxonos: >Non tedes que preocuparvos de que vos regalen as entradas. Se vos "piden algo a cambio", ¡dádeslles 3€, que é o que vale a entrada!> Foi xenial. ;)

María M dijo...

Agora en serio. De cando en vez "me llena de alegría y satisfacción" que os tíos pensen coa coliña porque suben a autoestima dunha forma... Refírome básicamente á autoestima física.