martes, febrero 02, 2010

Xa te podes suscribir ós contidos do meu blog. Busca o icono RSS e fai click. Así de sinxelo. :)

sábado, mayo 03, 2008

domingo, marzo 09, 2008

Dende o lonxe

Xa está o telón a medio correr. Pouco falta para ver asomar detrás del máis dunha cariña chea de puro teatro. Que luxo de cartel e que luxo de programa! Xa que este ano non ando por aí organizando e dando a vara podo dicilo coa boca ben chea sen que ninguén me acuse de non ter avoa. Noraboa compañeiros por eses cinco lobiños! Que ledicia saber que por aí non deixan de surxir novas ideas e proxectos! Teño saudade de vós e do noso teatro cotiá. Ese de enriba das táboas, o de dentro da irmandade, e o que sempre sae cando estamos xuntos. Disfrutade de Teatrofilia por nós, as exiliadas, que nalgún deses días en negriña pecharemos os ollos e soñaremos con focos, entradas, benvidas, aplausos e tortillas! Moita Merda.

ººº A piques de pechar os colexios electorais dispóñome a seguir o escrutinio a través de internet. Se estivera en Vedra, estaría entrando a esta hora na escola porque sempre deixo todo para o final e isto non había de ser unha excepción. Pero este ano adianteime á maioría e votei o luns. É a primeira vez que poden votar aqueles cidadáns que están temporalmente no estranxeiro e non figuran inscritos no censo de residentes no exterior, e eu fun unha das 5.180 persoas que o fixo. Miña nai estará a pé de urna para confirmarme que chega carta de París, jeje. Miña irmá tamén forma parte dese 1.711.776 de mozos e mozas que puideron votar por vez primera nunhas eleccións xerais. Agora só queda agardar que os sondeos estean no certo.

viernes, febrero 29, 2008

La nuit des Oscars '08

La noche del pasado domingo fue una gran noche. Una fecha que tendrá para siempre su página en la historia del cine español, en la vida de Javier Bardem, pero también en la de un pequeño grupito de amigas que están viviendo un año maravilloso en una ciudad que no lo es menos y que se apuntan a un bombardeo si hace falta. Desde que fuéramos a ver "No country for old men", no abandonamos la idea de reunirnos en mi casa el domingo 24 de febrero para ver la gala de los Oscar de cabo a rabo como está mandado, lo que implicaba varias cosas, entre ellas un lunes bastante difícil. Pero no fue hasta el sábado anterior de madrugada cuando tomamos la decisión definitiva. Lo haríamos. Así que el domingo por la tarde Ana y yo fuimos a la compra a una de estas tienduchas en las que te sablean pero que suelen salvarle la vida a la gente que es un desastre y se queda sin comida en fechas señaladas. Dos tortillas de patatas y unos cuantos canapés de salmón ahumado más tarde, Bea, Carola, Irina y Paola hacían acto de presencia en casa con sus respectivos pijamas en el bolso. Eran las 00.00 h., y aunque la gala no empezaría hasta las 02.30 h., por la red carpet (o alfombra roja) ya desfilaban nuestras primeras víctimas. Que sí, que sí, para que vamos a negarlo, nos encanta criticar a estos niveles. Hay quien lo llama envidia cochina, nosotras preferimos el término, opinión profesional. Que si a Nicole Kidman le sobra collar, que si Jessica Alba no se sabe quitar partido, que si a Cameron Díaz le salen mollejas en la espalda, que si, que si... Que sí, Que sí. Opinión profesional. Eso sí, casi todas coincidimos en lo espectacular que iba Marion Cotillard, nominada al oscar como mejor actriz por "La môme", y en que Javier estaba irresistible. Y es que esta noche tenía que ser la noche franco-española, nuestra noche. Yo supe que le darían el oscar a Javier desde que vi la peli de los Coen pero mi convicción no evitó que me pusiera nerviosa. Sobre la interpetración de Cotillard dando vida a Edith Piaf no puedo pronunciarme todavía pero poco importa eso ahora. Ambos tienen la estatuilla dorada en sus manos y han hecho realidad su sueño. En cuanto a nosotras, amantes del cine universal, adictas al papel couché y herederas del glamour hollywoodiense, sumamos otra de esas noches especiales y seguimos viviendo el nuestro propio.

P.D. Atención a los golpes que se oyen en un momento de la grabación. Parece que mis vecinos de abajo, Mr y Mme Delamorinerie, más conocidos como los "afroyayos", no compartían nuestra emoción a las 4 de la mañana. Pero ésta ya es otra historia...

martes, enero 22, 2008

Tempos

O corazón encollido. Cando che pasan por diante dos ollos cinco anos importantes da túa vida. Cheguei alí por casualidade. Tiña 18 anos e nin pola cabeza se me pasaba todo o que ía vivir neste lugar e o que ía significar para min. Os días máis felices da miña vida, e os máis tristes. E tamén todo o que está entre eles. Emoción, medo, nervios, satisfacción, inseguridade, alegría, indignación, admiración, decepción, risas, sono, pánico, desorientación, nostalxia, amor, cariño, frío, sorrisos, dúnidas, sorpresas... Momentos que nunca esquecerei, para ben e para mal. Días que me cambiaron, que me ensinaron, que me convertiron no que hoxe son e me deron moito do que teño. Non vos imaxinades todo o que me levo deste tempo. E sei que a miúdo me queixo de como foron as cousas, quizáis porque as imaxinaba distintas, pode que mellores. Moitas veces me deu a impresión de que debín aproveitar máis estes anos, que me perdín cousas por non estar ao cen por cen onde tiña que estar e ter un pé aquí e outro ninguén sabe onde. Puiden telo feito mellor pero fíxeno así. E a partires de hoxe non me vou lamentar. Porque me sinto orgullosa do que conseguín e porque cada vez que volto a vista atrás, coma hoxe, vexo nese lugar a miña casa e sinto morriña dela. Síntome feliz.

ºº A miña non foi a 13ª promoción, senón a 12ª, e non a cambio por ningunha, ao nabo! Canto me alegro de ter escollido este camiño aquel verán de punto e aparte.

jueves, enero 10, 2008

Bibliothèque du Centre Pompidou

Lémbrome dun día estudando na biblioteca de xornalismo. Mesas para seis. Senteime cerca dunha rapaza que non coñecía nin de vista e que lía apuntes que non me eran familiares. Ao final da tarde, achegouse ata alí o seu mozo e falaron baixiño. Bsbsbsbsbsbsb... Gustoume. Non sei que se dicían, tampouco pretendín entender. Só me gustaba. Estaba cansada. Tranquila. E pechei os ollos. Bsbsbsbsbsbs... Creo que non cheguei a quedarme dormida pero era como estar no ceo. Sentín unha paz marabillosa... Algo semellante me pasa hoxe aquí, en pleno corazón de París, o que me fixo acordarme daquilo. O susurro deste lugar con tres mil persoas dentro neste momento é íncreíble. Desafía a todo o que hai aí fóra.

** O de hoxe é algo así como un nunca me fun pero quero volver. Un querer volver a contar o que levo dentro porque sigo sen querer esquecerme do que un día sentín, pensei, soñei... E deste ano especialmente. Porque sei que mañá me será tan difícil expresar tanto... Por iso quero que algún sentimento quede grabado aquí ademais de no meu corazón. Bonne année!!

jueves, noviembre 01, 2007

Courage!

Porque ás veces a xustiza se equivoca, hoxe tres veciños meus ingresaron no cárcere de Teixeiro. Dende este humilde oco quero expresarlles todo o meu apoio a eles e ás súas familias nestes duros momentos que están a vivir, posto que non puiden estar entre os centos de persoas que encheron as rúas de Compostela para berrar en denuncia da decisión xudicial. Agora só queda agardar que o Consello de Ministros obre con dilixencia e lle conceda un anceiado e merecido indulto. Porque eles somos todos. Toda esa xente que nos manifestamos e exercemos os nosos dereitos de expresión para tentar que este mundo sexa mellor. Ánimo!

jueves, octubre 18, 2007

Un rêve

Hoxe soñei que me rompían as botas e se me vían os dedos dos pés. Conteillo a Clara, a miña compañeira de piso e de torturas, e riuse das miñas preocupacións. O que ela non sabía é que son as únicas que teño para facer fronte ao duro e longo inverno parisino e que ese pesadelo é tan só unha mostra do concienciada que estou por aforrar.
Foto: Centre Pompidou

lunes, octubre 08, 2007

Je vais devenir artiste!

Dans le métro de Paris
Voilà! Volvín. Levaba días pensando en volver e por fin podo sentar tranquila a escribir coma antes, aínda que as circunstancias son ben diferentes. O luns aterricei fisicamente en París, pero aínda me fixeron falta uns días para aterrizar figuradamente falando. E agora é cando me faltan as palabras para explicar que o que estou a vivir é un soño, un soño que xa non é tal pois é real. É certo que esperto cada mañá aquí, nesta cidade que un día me fixo sentir algo especial e á que sempre desexei voltar. Hoxe formo parte dela e será miña para sempre dejà. Oui, oui, je suis une fille parisienne maintenant!!

Sur la Seine

O sábado cando saín á rúa pola mañá para ir a pasear par las rues de Paris, atopeime na porta un grupo de alumnos de arte que ollaban cara o alto e despois debuxaban nos seus lenzos. A que non sabedes que? Non, a Tour Eiffel non. Porque eu vivo en Montmartre, "como Amèlie Poulain!" -dixo hoxe a miña profesora de francés-. E dende o número 2, Rue Briquet (18ème arrondisement) o que se ve é a impoluta basílica do Sacré Coeur.
Rue Briquet
Así que xa sabedes onde podedes atoparme polo menos este ano. Aínda que Madame Montazeau tamén dixo que para aprender francés très bien, je dois rester à Paris deux ans. Así que nunca se sabe... Polo demais, todo ben. Como non teño moitas clases de 'comunication et information', apunteime a clases de francés, interpretación e de danza, todas na universidade. Teño que aproveitar porque todo é gratuito para os estudantes erasmus, pero veremos se podo con todo. Xa vos contarei.

Café des 2 moulins

O que peor levo, sen dúbida, é a convivencia. Sei que será un reto persoal compartir 35 metros cadrados con dúas persoas que apenas coñezo e que son completamente diferentes a min. Terei que ter paciencia e supoño que eles tamén. Paris merece iso e moito máis.

miércoles, julio 04, 2007

Pouco máis de dez liñas

Xa estou de volta sá e salva. Ese feixe de facultativos desequilibrados sementaron o pánico na cidade da néboa e fixeron as delicias dos gratuitos que se luciron nos seus titulares pero non lograron tinguir os meus días como london girl. Dende que aterricei en Lavacolla's airport apenas tiven tempo para pasar por aquí e escribir algo que supere as dez liñas de media dos últimos post. A razón pode atoparse detrás dunhas siglas, AGN, que este verán recollerán os froitos dos meus, xa de por si febles, esforzos intelectuais. Pola miña parte, agardo colleitar tamén experiencia, coñecementos, bos momentos e o que se tercie. Non me gusta marchar dos sitios baleira. Teño miles de cousas que dicir pero a miña miopía hereditaria agradecerame que o deixe para mañá. E sei que mañá se vai convertir en dentro dunha semana ou de quince días, quizáis dun mes, pero isto é o que podo ofrecer. Por sorte, a miña cámara adoita acompañarme alá onde vou para axudarme a explicar con imaxes o que non podo referir con palabras. Aínda así, hei de dicir que poucas son as veces nas que unha daquelas vale máis ca mil desas outras.

Look rigth or look left, ou como pintar consellos no chan londinense

Entrevistando a Cristina Pato na bela e vella rúa nova de Compostela

Dúas abstemias declaradas celebrando o orgullo LGTB na Quintana

Por certo, 'mariquinhadevedra' aparece esta semana nunha reportaxe que publica Tierras de Santiago acerca da incidencia do fenómeno blog na comarca. Viva o autobombo! ;P