** O de hoxe é algo así como un nunca me fun pero quero volver. Un querer volver a contar o que levo dentro porque sigo sen querer esquecerme do que un día sentín, pensei, soñei... E deste ano especialmente. Porque sei que mañá me será tan difícil expresar tanto... Por iso quero que algún sentimento quede grabado aquí ademais de no meu corazón. Bonne année!!
Mostrando entradas con la etiqueta París. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta París. Mostrar todas las entradas
jueves, enero 10, 2008
Bibliothèque du Centre Pompidou
Lémbrome dun día estudando na biblioteca de xornalismo. Mesas para seis. Senteime cerca dunha rapaza que non coñecía nin de vista e que lía apuntes que non me eran familiares. Ao final da tarde, achegouse ata alí o seu mozo e falaron baixiño. Bsbsbsbsbsbsb... Gustoume. Non sei que se dicían, tampouco pretendín entender. Só me gustaba. Estaba cansada. Tranquila. E pechei os ollos. Bsbsbsbsbsbs... Creo que non cheguei a quedarme dormida pero era como estar no ceo. Sentín unha paz marabillosa... Algo semellante me pasa hoxe aquí, en pleno corazón de París, o que me fixo acordarme daquilo. O susurro deste lugar con tres mil persoas dentro neste momento é íncreíble. Desafía a todo o que hai aí fóra.
jueves, octubre 18, 2007
Un rêve
Hoxe soñei que me rompían as botas e se me vían os dedos dos pés. Conteillo a Clara, a miña compañeira de piso e de torturas, e riuse das miñas preocupacións. O que ela non sabía é que son as únicas que teño para facer fronte ao duro e longo inverno parisino e que ese pesadelo é tan só unha mostra do concienciada que estou por aforrar.
Foto: Centre Pompidou
lunes, octubre 08, 2007
Je vais devenir artiste!
Voilà! Volvín. Levaba días pensando en volver e por fin podo sentar tranquila a escribir coma antes, aínda que as circunstancias son ben diferentes. O luns aterricei fisicamente en París, pero aínda me fixeron falta uns días para aterrizar figuradamente falando. E agora é cando me faltan as palabras para explicar que o que estou a vivir é un soño, un soño que xa non é tal pois é real. É certo que esperto cada mañá aquí, nesta cidade que un día me fixo sentir algo especial e á que sempre desexei voltar. Hoxe formo parte dela e será miña para sempre dejà. Oui, oui, je suis une fille parisienne maintenant!!
Sur la Seine
O sábado cando saín á rúa pola mañá para ir a pasear par las rues de Paris, atopeime na porta un grupo de alumnos de arte que ollaban cara o alto e despois debuxaban nos seus lenzos. A que non sabedes que? Non, a Tour Eiffel non. Porque eu vivo en Montmartre, "como Amèlie Poulain!" -dixo hoxe a miña profesora de francés-. E dende o número 2, Rue Briquet (18ème arrondisement) o que se ve é a impoluta basílica do Sacré Coeur.
Rue BriquetAsí que xa sabedes onde podedes atoparme polo menos este ano. Aínda que Madame Montazeau tamén dixo que para aprender francés très bien, je dois rester à Paris deux ans. Así que nunca se sabe... Polo demais, todo ben. Como non teño moitas clases de 'comunication et information', apunteime a clases de francés, interpretación e de danza, todas na universidade. Teño que aproveitar porque todo é gratuito para os estudantes erasmus, pero veremos se podo con todo. Xa vos contarei.
Café des 2 moulins
O que peor levo, sen dúbida, é a convivencia. Sei que será un reto persoal compartir 35 metros cadrados con dúas persoas que apenas coñezo e que son completamente diferentes a min. Terei que ter paciencia e supoño que eles tamén. Paris merece iso e moito máis.
miércoles, abril 25, 2007
jueves, marzo 01, 2007
París?
Quero quedarme durmida mirando estes tellados. Non terei soños porque estar esperta xa o será. Algún día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


