lunes, octubre 08, 2007

Je vais devenir artiste!

Dans le métro de Paris
Voilà! Volvín. Levaba días pensando en volver e por fin podo sentar tranquila a escribir coma antes, aínda que as circunstancias son ben diferentes. O luns aterricei fisicamente en París, pero aínda me fixeron falta uns días para aterrizar figuradamente falando. E agora é cando me faltan as palabras para explicar que o que estou a vivir é un soño, un soño que xa non é tal pois é real. É certo que esperto cada mañá aquí, nesta cidade que un día me fixo sentir algo especial e á que sempre desexei voltar. Hoxe formo parte dela e será miña para sempre dejà. Oui, oui, je suis une fille parisienne maintenant!!

Sur la Seine

O sábado cando saín á rúa pola mañá para ir a pasear par las rues de Paris, atopeime na porta un grupo de alumnos de arte que ollaban cara o alto e despois debuxaban nos seus lenzos. A que non sabedes que? Non, a Tour Eiffel non. Porque eu vivo en Montmartre, "como Amèlie Poulain!" -dixo hoxe a miña profesora de francés-. E dende o número 2, Rue Briquet (18ème arrondisement) o que se ve é a impoluta basílica do Sacré Coeur.
Rue Briquet
Así que xa sabedes onde podedes atoparme polo menos este ano. Aínda que Madame Montazeau tamén dixo que para aprender francés très bien, je dois rester à Paris deux ans. Así que nunca se sabe... Polo demais, todo ben. Como non teño moitas clases de 'comunication et information', apunteime a clases de francés, interpretación e de danza, todas na universidade. Teño que aproveitar porque todo é gratuito para os estudantes erasmus, pero veremos se podo con todo. Xa vos contarei.

Café des 2 moulins

O que peor levo, sen dúbida, é a convivencia. Sei que será un reto persoal compartir 35 metros cadrados con dúas persoas que apenas coñezo e que son completamente diferentes a min. Terei que ter paciencia e supoño que eles tamén. Paris merece iso e moito máis.

7 comentarios:

Elianinha dijo...

Moita sorte, maría, e un bico!

*Sara dijo...

Ohh Mariquinha!! Que ben que escribiches!! Que sorte ter esas actividades na facu, seguro que todos os teus compis quedan pampos cando vexan as taboas que traes desde aqui (bueno, de ala).
Tenho moitas ganas de falar contigo. En fin... Coidate e disfruta, que xa vexo que ti si que sabes :)
Mooooooitos bicos!!

Malena dijo...

María!!!! xa vexo que a vida parisina cumple todas as túas espectativas... alégrome moito e espero que todo che esté indo ben ;-p

Acórdate de agregarme!!!!!!! Mil biquiños...

mariaprie dijo...

Mariquiña,

Que non quede oco de París que sexa para ti un segredo. Disfruta do soño. E desta subiremos ao terceiro andar...

Bicos.

Albicho dijo...

Y yo, por vosotras y con vosotras, subiré de nuevo a ese tercer piso de vértigo. Disfruta, nena.

Brétema dijo...

María!!! que ben que das sinais de vida!!! Mira que lle tiña eu botado olladas ó teu blog e sempre seguía na mesma... Pensei que desapareceras do mapa, e non, menos mal que só mudache do mapa! Disfruta desa Erasmus, mágoa que eu non a pedira... ¿aínda estarei a tempo? debería mirar... Un bico moi, moi forte!!!! MÓNICA

Bianca dijo...

Ola Mariquinha!!! Moita sorte en París e desfruta!!!!!

Eu agora sei que a miña cidade é Dublín (nin Londres, nin París nin hostias, eu son irlandesa de segunda nacionalidade!)