jueves, enero 10, 2008

Bibliothèque du Centre Pompidou

Lémbrome dun día estudando na biblioteca de xornalismo. Mesas para seis. Senteime cerca dunha rapaza que non coñecía nin de vista e que lía apuntes que non me eran familiares. Ao final da tarde, achegouse ata alí o seu mozo e falaron baixiño. Bsbsbsbsbsbsb... Gustoume. Non sei que se dicían, tampouco pretendín entender. Só me gustaba. Estaba cansada. Tranquila. E pechei os ollos. Bsbsbsbsbsbs... Creo que non cheguei a quedarme dormida pero era como estar no ceo. Sentín unha paz marabillosa... Algo semellante me pasa hoxe aquí, en pleno corazón de París, o que me fixo acordarme daquilo. O susurro deste lugar con tres mil persoas dentro neste momento é íncreíble. Desafía a todo o que hai aí fóra.

** O de hoxe é algo así como un nunca me fun pero quero volver. Un querer volver a contar o que levo dentro porque sigo sen querer esquecerme do que un día sentín, pensei, soñei... E deste ano especialmente. Porque sei que mañá me será tan difícil expresar tanto... Por iso quero que algún sentimento quede grabado aquí ademais de no meu corazón. Bonne année!!

5 comentarios:

Murrucha dijo...

Qué palabras tan chulas nena!

Un bicazo e que o sigas pasando moi ben por aí.

Bautista (el anarquista) dijo...

María, ten coidado, que xa me contaron que andan soltos por París ex compañeiros de traballo teus. Tardei tempo en crerme esa historia, xúrocho!

A ver cando te pasas pola axencia e/ou pola casa da collona. Aínda tes unha visita pendente, lémbrocho. Porque o do baile en Lestedo xa o dou por perdido, jeje...

Un bico!

Anónimo dijo...

[B]NZBsRus.com[/B]
Lose Slow Downloads Using NZB Files You Can Easily Find High Quality Movies, PC Games, MP3s, Applications & Download Them @ Electric Rates

[URL=http://www.nzbsrus.com][B]Usenet Search[/B][/URL]

Anónimo dijo...

I read this forum since 2 weeks and now i have decided to register to share with you my ideas. [url=http://inglourious-seo.com]:)[/url]

Anónimo dijo...

You could easily be making money online in the hush-hush world of [URL=http://www.www.blackhatmoneymaker.com]blackhat seo world[/URL], Don’t feel silly if you haven’t heard of it before. Blackhat marketing uses little-known or little-understood methods to build an income online.