martes, enero 22, 2008

Tempos

O corazón encollido. Cando che pasan por diante dos ollos cinco anos importantes da túa vida. Cheguei alí por casualidade. Tiña 18 anos e nin pola cabeza se me pasaba todo o que ía vivir neste lugar e o que ía significar para min. Os días máis felices da miña vida, e os máis tristes. E tamén todo o que está entre eles. Emoción, medo, nervios, satisfacción, inseguridade, alegría, indignación, admiración, decepción, risas, sono, pánico, desorientación, nostalxia, amor, cariño, frío, sorrisos, dúnidas, sorpresas... Momentos que nunca esquecerei, para ben e para mal. Días que me cambiaron, que me ensinaron, que me convertiron no que hoxe son e me deron moito do que teño. Non vos imaxinades todo o que me levo deste tempo. E sei que a miúdo me queixo de como foron as cousas, quizáis porque as imaxinaba distintas, pode que mellores. Moitas veces me deu a impresión de que debín aproveitar máis estes anos, que me perdín cousas por non estar ao cen por cen onde tiña que estar e ter un pé aquí e outro ninguén sabe onde. Puiden telo feito mellor pero fíxeno así. E a partires de hoxe non me vou lamentar. Porque me sinto orgullosa do que conseguín e porque cada vez que volto a vista atrás, coma hoxe, vexo nese lugar a miña casa e sinto morriña dela. Síntome feliz.

ºº A miña non foi a 13ª promoción, senón a 12ª, e non a cambio por ningunha, ao nabo! Canto me alegro de ter escollido este camiño aquel verán de punto e aparte.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

As cousas case nunca saen como un as planea, ainda asi seguen a ser fermosas,
non deberias preocuparte do que xa fiseche, tan so sintete orgullosa.
Non deixes de sentir esa felicidade que tanto mereces, alo onde estes.

Albicho dijo...

¡Al cuerno mi reputación de témpano que tantos años me ha costado forjar! Estoy llorando como una auténtica madalena. Ahora que esa época ha pasado, sí estoy en disposición de asegurar que todo lo pasado fue mejor.
P.D.: ten por seguro que ese vídeo va a estar colgado en mi blog en 5".

Anónimo dijo...

Ola

Perdoa se molesto outra vez, pero hai algo que non entendo,

Por que estas tan triste?

Se non seguides xuntos, mira ao ceo e seguro que atoparas a alguen (tio ou tia) que che faga moi, moi feliz.

FALA A EXPERIENCIA

Os amores verdadeiros tamen se acaban...
Un bico e non esteas tan triste, o xornalismo require ánimo e alegria.

bicos

Anónimo dijo...

A min tamén me trae moitas lembranzas... mágoa que non ande por aí o vídeo que puxemos na graduación (12ª). E agardo que ti sexas moi feliz en París! merécelo!!!!!!! Mónica Sotelo.