jueves, octubre 18, 2007

Un rêve

Hoxe soñei que me rompían as botas e se me vían os dedos dos pés. Conteillo a Clara, a miña compañeira de piso e de torturas, e riuse das miñas preocupacións. O que ela non sabía é que son as únicas que teño para facer fronte ao duro e longo inverno parisino e que ese pesadelo é tan só unha mostra do concienciada que estou por aforrar.
Foto: Centre Pompidou

2 comentarios:

carlinhos dijo...

Envexa. Esa é a palabra que describe o que sinto cando te vexo aí. Pero envexa desa que din que é sana eh, non cnofundamos :D Encántame a praza que hai ó lado do Pompidou, a que ten unha especie de fonte con esculturas... E o barrio latino... Ai... Paris, Paris, Paris ...(carallo... parece un chotis :D). Deséxoche o mellor María, que goces de París todo o posible, que comas croque madame en Les 2 Moulins (boísima a salada cos que os acompañan)e que pasees por Sant Michelle e polos xardíns de Luxemburgo, porque creo que xa vives na parte máis bonita da cidade. Bikos mil dende Santiaguiño.

paideleo dijo...

Se rompes as botas podes facer unha colecta entre o blogomillo.
De tódolos xeitos espero que non rompas as botas e que desfrutes desa cidade.