domingo, noviembre 05, 2006

Unha imaxe NON vale máis ca mil palabras

Bueno, bueno, bueno... -que xeito tan errado de comezar a escribir, cunha triple muletiña que non aporta nada e que ademais é un castelanismo da pe (a miña querida Carme Hermida non estaría orgullosa de min)-. Hoxe tiña moitas ganas de contarvos cousas pero poucas de escribir, polo que colgo algunhas imaxes e coméntoas a xeito de telegrama. O certo é que este mes está sendo moi axitado para o grupo de teatro, temos actuacións todas as fins de semana, pero andamos encantados de vivir o noso particular outono cultural. A semana pasada actuamos en Gres, na Fundación Xosé Neira Vilas -un vello amigo de Papaventos- e andivemos por alí vendo as súas bibliotecas, o museo e a súa colección de cadros de Seoane. Un luxo. A foto é da biblioteca dos cativos, decorada pola súa muller, a temén escritora Anisia Miranda.
Tamén actuamos en Arzúa e en Boimorto, onde ceamos con 'Mini' Rivas, fundador de Fuxan os ventos, e puidemos ver de preto a espesura da súa mítica e longa barba. A foto está en www.fotolog.com/papaventos. Como di María G., temos moita sorte de poder compartir momentos con verdadeiras lendas vivas da cultura galega. Hoxe, tocou ir ata Brión e mañá é un día especial para nós porque 'Bicos', pode ser seleccionada para participar no Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán que organiza FEGATEA (Federación Galega de teatro Afeccionado). Magán foi o fundador de Ditea, a compañía de teatro amador máis antiga de Galicia que xa nos visitou na nosa mostra Teatrofilia. Crucemos os dedos.
Sei que vos prometín unha crónica de rodaxe da curta que grabamos pero como aínda non tiven tempo - necesítoo para facer memoria- deixo como anticipo esta foto na que estou a puntiño de ter algo máis ca palabras con Miguel de Lira e, polo tanto, de convertirme na muller máis envexada do mundo mundial, jeje... Aaaai!! Meu currasiño! Que diría miña nai.

Por certo, que os protas de Pepe O´Inglés teñen cadansúa blog, así que por se vos interesa aquí mesmo vos deixo a dirección. Para rematar, 'linkeo' unha nova curiosa que publica hoxe 'El Correo'. Os estudantes de mediciña estanse quedando sen ósos en Compostela, vaiapordeus.

4 comentarios:

María M dijo...

'castelanismo da peor especie', quería dicir

Anónimo dijo...

Felicidades!

Funvos ver en Brión e gustoume moito a obra.
Especialmente a túa interpretación e a de María.

XENIAL!
polonegro292@hotmail.com

María M dijo...

Moitísimas gracias Polonegro!! Agrado que tamén poidas vir ao Principal!!!

Anónimo dijo...

Por te ver a ti e a Sara,

racharía co mundo no que vivo.

Sodes xenais.