jueves, julio 20, 2006

A vida pode ser maravillosa

Ola olita!! Despois dunhas mini-vacacións blogueiras, motivadas polo desexo de formarme unha opinión verbo da miña experiencia como xornalista en prácticas de Galicia Hoxe, aquí estou de novo para ilustrarvos coas miñas venturas e desventuras. O caso é que, neste momento, o traballo é o centro da miña vida, sabía que escribir aquí significaría falar do tema e non quería aventurarme, pois, a gritar aos catro ventos o feliz que son, por temor a que todo fosen castelos no aire. Pero sí. Estou feliz e contenta. Despois de 15 días -un cuarto do tempo que botarei en GH- podo decir que son afortunada. Nunca me vira traballando nun xornal pero descubrín que me gusta escribir, a min, que son de natureza cotorra. O de escribir sempre estivo ligado na miña mente ós pensamentos máis íntimos e persoais, aos desafogos da alma, ou ás plumas ilustres capaces de contar historias que mereceran a pena. Ao primeiro estou afeita e para o segundo non teño talento. Pero sí, descubrín que me gusta escribir, a pesares desa gran ausencia, esforzarme porque as miñas palabras cobren sentido colocadas unhas detrás doutras. A sección para que o fago, chámase "verán". Temas amenos e sen gran trascendencia nos que dende o primeiro día me deron liberdade e capacidade de decisión. Son autora, son creadora e asino o meu traballo. Tamén "pico" notas de axencia como din alí, e tamén me gusta. O importante é aprender e saber de todo. Tiven moita sorte cos compañeiros, pero sorte sorte, con Marga, a miña xefa máis directa. É doce, amable, comprensiva... é un amor. Alí non somos unhas traballadoras máis, non deixamos de ser becarias e non no mal sentido, senón todo o contrario. O noso traballo respétase e considérase profesional, pero non hai unha presión que afogue. Saben que estamos entrando en contacto con ese mundo, que estamos aprendendo e adáptanse ó noso ritmo. Nós, esforzámonos por adaptarnos ó ritmo dos que xa saben, todos poñemos da nosa parte e sinto que me alegro do que me tocou, do lugar onde fun dar. ¿Que fixen este tempo? Pois fixen tres entrevistas, unha reportaxe, unha primeira para verán, a axenda, novas e breves para sociedade e nacional, o comentario da foto do día... Hai cousas que me motivan máis que outras pero nada, nada, me repugna. Polo demais, o horario, é perfecto, de 4:30 a 9 (PM, jeje), traballo sábados e domingos alternos pero non me queixo. Podo durmir pola mañá e saír pola noite. A redacción é na zona vella e pasear cada día por alí, á noitiña, cando a calor xa non abafa, é un pracer que descoñecía. As festas do verán agárdannos e non temos que renunciar a elas, outro dos grandes praceres desta época. A praia, vémola pouco, pero cando podemos, coma esta fin de semana, fuximos e gozamos ao máximo. En fin, que a vida pode ser maravillosa...

12 comentarios:

María M dijo...

Entrevista a Serxio Pazos, por se vos apetece:

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idNoticia=66611

Elianinha dijo...

Pero como traballas!!! Felicidades, alégrome de que esteas contenta aí. E eran horas de renovar!!!

Anónimo dijo...

A que puede que mañana yo me vaya a Coruña a ver a los chavales de Special Olympics y hacer un reportaje....!!!XD

DeiPluviae dijo...

joer q sorte d horario!
Eu pringo día do apóstolo, ás 8:30 estou na redacción... e as 9, pórei a miña voz augardentosa ao servizo das novas do día do apóstolo...

buaaahhhh, que me quedei sen fogos, e sen jarucada do día da patria!!!!!

Anónimo dijo...

ay!!!!! que feliz se te ve en galicia hoxe!

Anónimo dijo...

Noraboa!! E con ese salario!! eNVEXA eNVEXA :p

elduende dijo...

Si, buenas, ¿se puede? Espero non estorbar.

A viva imaxe da felicidade ¿non? Pois que non se entere Marga, que che ha de mandar máis traballo. Tranquila, eu non llo direi.

María M dijo...

Un biquiño para todos, que nunca agradezo por aquí que comentedes o que escribo e de verdade que me facedes moi feliz. :) :D ;P

María M dijo...

Si que saio mal, o que pasa é que as que publico adoitan pasar un estricto control, jeje! Wapa ti!! Bicos :)

Anónimo dijo...

por que la vida puede ser maravillosa salinas estamos en la sexta!!!!!!!!!!!!

jajajaja

un bicazo

paideleo dijo...

Graciñas polo comentario no meu novo blogo.
Alédome de que che vaia ben no GH.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Wonderful and informative web site. I used information from that site its great. wedding invitations acyclovir http://www.natural-breast-enhancement-0.info conference calling http://www.java-roulette.info pda accessory mature gallery Recovery boot disk creator Dell cpu manual Farmers insurance agen word games management training business health indiana insurance small verizon wireless phone plans eyeglasses Call centers paso texas Parts toyota truck gas tank Chrysler concorde reviews