miércoles, octubre 12, 2005

De volta

Así estou eu. Desesperada. Acabo de empezar e xa necesito unhas vacacións. Non tiven tempo nin de desfacer a maleta. Con decir que aínda levo no bolso a cámara de fotos e un mapa de Praga, dígoo todo. A matrícula sen facer, o que significa que a miña vida dos próximos nove meses está sen organizar. Teño mil proxectos para este ano e o máis importante é rematar a carreira, algo que os que me rodean consideran un pouco difícil. Non sei. Empezar, empezo con forzas e ilusión. A ver. Agora necesito durmir. Que ben me ven este festivo. Je, je.
P.D. Non me perderon a maleta. ¡Que feliz son! Aínda teño moito que contar, pero hoxe xa non podo máis. Quería dar sinais de vida.