Hai tempo que quería subir esta foto que lle fixen a Sara. Hoxe é un día especial para ela porque se vai vestir de princesiña e vai compartir o día, e a noite, con todos os seus compañeiros de promoción. Os mesmos que, coma ela, decidiron hai xa catro anos que querían ser xornalistas ou polo menos estudar unha carreira para aprender a selo. Dende aquela convertíronse nunha familia -sabemos que a ONU recoñece distintos tipos- e iso ben merece unha celebración como a de hoxe. Así que, pequerrecha, goza deste día, dos teus compañeiros, loce o teu vestido e o teu sorriso e non penses que é unha despedida porque ao final todos acabaremos no mesmo sitio, nunha rolda de prensa ;) Guapa!
P.D. Ahora que o penso o título da entrada parece de peli X, jeje
sábado, mayo 19, 2007
miércoles, abril 25, 2007
miércoles, abril 18, 2007
De entrevistadora a entrevistada
Os que me coñecen saben ben que as cámaras me volven tola, pero o do luns non era o de sempre. Esperábase de min algo máis que posturitas, morritos e parvadas varias. Tiña que respostar ás preguntas do escritor Carlos Meixide no que ía ser a miña primeira entrevista para a tele. Ía ser e foi, porque non morrín no intento como temía, a pesar de que a lentilla do meu ollo esquerdo se emperrou en poñermo difícil. Afeita a ser eu quen interrogue ao persoal non estaba segura da miña capacidade para fiar máis de catro palabras formando oracións complexas e coherentes, con tres cámaras (con cadanseu operador) apuntando á miña cara, unha delas ao meu perfil malo. Pero o meu interlocutor púxomo fácil e os acontecementos desenvolvéronse sen incidentes. O resultado podédelo xuzgar vós mesmos o día 6 de maio no programa Onda Curta que se emite os domingos das 00:45 h. en diante na Televisión de Galicia.
Como xa estaredes imaxinando, As farolas é a responsable de que se suceda alegría tras alegría mentres continúa a súa andaina presumida cal ratiña de conto, deixándose ver. O mércores proxectouse no local da ONCE en Compostela, con audiodescrición en directo, e a xente amosouse encantada malia que se botou en falta sexo explícito ;) Outra nova e gratísima experiencia. Agardo que axiña teña moitas máis das que facervos partícipes.
lunes, abril 16, 2007
Eu xa o sabía
viernes, abril 13, 2007
Hoxe fun feliz

Contareivos porqué. Espertei cunha mensaxe de móbil. Era de Sara:
'Bos días Merry churry! Noraboa! Puideches con Pousa1! Alégrome un montón (...)'
Aprobei o exame parcial de Xornalismo Especializado. Cos ollos aínda pegañentos chamo a Sara para preguntarlle se está segura, se mirou ben. Ela dime que si, que o comprobou varias veces. O resto do día pasou compartindo a nova a algunhas das persoas que máis me importan. Chamei a miña nai pero o seu móbil soou dende o salón. Tiven que agardar ata a hora do xantar. Chamei a Raúl, a Orlando, escribinlle a Gabi e a Meri, que veu de visita dende Alemaña. Todos contentos por min. Porque superei esa barreira psicolóxica que me impuxen a min mesma sen saber porqué e me impedía presentarme aos exames obrigándome a saír fuxindo. O día 10 de marzo fun quen de enfrontarme a min mesma, ao meu medo. Hoxe síntome un pouco máis forte.
Mil chillidos de euforia máis tarde, fun á facultade a entregar un traballo, quedei con María e volvín a despedirme dela ata que poida viaxar a Lüneburg, fixen encrucillados coa miña nai, adormecín dentro do coche coa calor acumulada, comín fresas e nata polo bote a xeito de biberón, veu Sara chea de Phoskitos e fomos de baranda chinda chinda. Falamos como quen ten sempre algo que dicirse e bebín coca-cola fría de bote con xeo. Logo volvín á casiña para ducharme, poñerme quentiña, tomar o leite e ver Anatomía de Grey na cociña porque no salón está 'mamá' vendo Hospital Central que hoxe comeza a nova temporada. Agora estou no sofá, coa manta e o portátil. Na tele botan capítulos repetidos de MIR.
Foi un día feliz. E iso que non comín espaghetti, nin chocolate, nin fixen o amor, nin vin unha boa peli, nin fun de compras, nin teño o pelo perfecto, nin lin un libro apaixoante, nin coñecín un novo lugar, nin me subín a un escenario, nin me fixen unha foto... Pero sí, foi moi feliz. Agora vou cambiar de canal. Ostras! Urgencias! É broma ;)
Foto: À bout de souffle, do maestro Godard
martes, abril 10, 2007
Pasiño a pasiño

Hoxe estamos un paso máis preto dunha nova experiencia, dunha nova vida. Aquel día, despois do exame de italiano -¿ou era o de francés?- fomos celebrar o comezo da primavera. O equinocio aínda non se producira mais as margaridas xa medraban entre a herba de marzo e anunciaban que os días pouco a pouco serían máis longos, que o sol asomaría un pouquiño antes e poríase outro pouquiño despois. É posible que a próxima a vexamos chegar lonxe de aquí.
jueves, marzo 01, 2007
París?
Quero quedarme durmida mirando estes tellados. Non terei soños porque estar esperta xa o será. Algún día.
jueves, febrero 22, 2007
Preparados?

miércoles, febrero 07, 2007
miércoles, enero 31, 2007
Pe
Aaaaiii!! Que envidia que me da Pe con sus goyas, sus nominaciones, su figura estilizada, su melena negra y su todo! Y que elegancia en sus andares y en sus vestires, ozú! Aquel Peeedro desgarrador es una manchita de nada en su trayectoria, aunque su sólo recuerdo nos siga estremeciendo. El vídeo es de 1990, en su primer casting para Telecinco, tan feliz ella. La prueba de que todos, si se alinean los planetas, podemos llegar a "be Pe, my friend".
Aquí, en la piel de Raimunda interpretando "Volver". La voz la pone Estrella Morente, que eso ya es otro cantar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)