Conversa no msn ás 4:11 AM: - María: vou contar todo - Sara: vale - María: adivina - Sara: 6000 - María: 7235 - Sara: vale - Sara: vaime pasando cousas por fa que teño que dormir - Sara: tres horas mima - Sara: uole! (muñeco que da voltas coma un tolo) - María: sara - María: vaime dar algo María: borrei todo - María: pasoume o do outro día - Sara: OO (ollos como platos) - María: xúrocho - Sara: joder joder - María: pq staba no mail - Sara: merda - Sara: non che recupera? - María: estou a punto de chorar, non sei que facer - Sara: eu desde aquí menos - Sara: joder - Sara: non gardaches pero nada????? - María: gardei todo pero estaba gardando no documento de word de hotmail e ó pechar creo que non garda en hotmail entendes? - Sara: dálle á lupa esa, a buscar - María: a q lupa - Sara: buscar, no menú de inicio - Sara: nn sei q mais facer, a min dame algo - María: intento volver a facelo - Sara: levouche doce horas - María: estou fatal dios - María: é un erro humano - María: pero levo todo o día - María: dios - María: deume un volco o corazón - Sara: decheslle a buscar? - Sara: eu vou pa cama q nn podo máis - Sara: e teño un exame moi chungo - María: dios non sei q facer - Sara: na lupa nada? - Sara: é imposible - Sara: buf - Sara: e q agora non vou durmir pensando niso - Sara: ostia - Sara: joder - Sara: mira, fai calquera chafullada e ao nabo - María: joder - María: síntome tan mal (...) - Sara: animo e nn t preocupes que é unha merda d traballo - María: espera creo q atopou algo - Sara: a lupa? - María: si pero no - Sara: podes probar a apagar o pc e volvelo a encender - Sara: ao mellor aparéceche - Sara: veña, animo e nn lle deas máis voltas - María: ok - Sara: PUTODEREITO - Sara: PUTASGAE - Sara: PUTOTODO 4:31 AM María tivo que volver a facer a parte do traballo que se perdeu e que lle levara todo o día. Acabou ás 8:30 AM porque Sara viña a recollelo a esa hora. Conclusións: 1. María é unha auténtica imbécil porque é o 2º traballo que perde en 15 días pola mesma razón 2. María odia a hotmail por riba de tódalas cousas porque pensa que a engaña 3. Sara cando tendo sono, ten sono e "ao nabo". A tradición é que Sara vaia durmir e María quede vendo amencer diante do ordenador 4. A "lupa" é unha puta merda que non serve para nada 5. En situacións de máxima alarma, Sara utiliza a contracción "ao" correctamente dacordo coa nova normativa 6. Gústanos o noso icono de "joder" en maiúsculas vermellas que ondean de xeito alarmante e sabemos que podemos contar con el neste casos 7. "PUTODEREITO, PUTOSGAE, PUTOTODO", completamente dacordo 8. Dios non me escoita 9. Hai días que habería que borrar do "almanaque" jeje 10. ZZZZzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzkjnfcopweurncowqiuevn`rivn qwurgn v
|
miércoles, junio 28, 2006
MSN
sábado, junio 24, 2006
Pasos
Pensas que ti máis eu non nos entendemos o suficiente. Pode ser. Ó mellor se non me fago entender protéxome contra ti e contra todos. ¿Por que teño que protexerme? ¿Por que non había de facelo? Ó mellor simplemente nos pasa o que a moitos: que estamos destinados a non entendernos. Non sei que pensar. Non é que sexamos diferentes, hai moitas persoas que sendo diferentes se comprenden. O que nos pasa é que imos en busca de algo diferente. Ti palí. Eu palá. Cruzámonos no camiño pero cada un acaba por darse conta que non somos o fin senón o medio. Eu quero que sexas o que eu quero. Porque quero quedarme contigo. E ás veces paréceme que sí o eres. Pero das un paso atrás. Pode que non te coñeza, sólo son dous días, pero sí que das pasos atrás. Porque me dis que me queres pero marchas e non saltas o lume conmigo. De pouco me sirve que me queiras tanto. Xa sabes, eu son das que necesito demostración. As palabras lévaas o vento, de sempre. E díxenche un día que non penso volver a caer. Chegaches aquí, logo existes. Para ti. Porque para min xa existías antes. Pero eu tamén sei que non nos entendemos. E tamén me pon triste. Porque non sei se ten remedio.
viernes, junio 23, 2006
Días
Hai días que teño ganas de escribir. Pola mesma razón de que hai días nos que ó ir para a cama non deixo de pensar que xa me cansa esta vida. Esta rutina que consiste en ducharme, botarme a crema na cara diante do espello e despois escrutarme na busca dalgún novo gran ou de novos pelos nas cellas. Esa rutina de achegarme a ese cristal e ver reflectida a miña cama que me agarda baleira. Hai días nos que realmente me sinto soa e imaxino que alguén me colle do brazo, tira co bote de crema e me mete na cama coa intención de facer o amor toda a noite. Coa persiana aberta. E imaxino que pola mañá se ergue para baixala e así evitar que a claridadde me impida durmir cinco minutos máis. Son eses mesmos días nos que teño envexa de vidas alleas, de vidas que apenas coñezo. E son eses días nos que me digo a min mesma que estou preparada para querer de novo para logo dicirme que son parva porque de pouco serve estar preparada. Ademais, pode que nin sequera o estea. Porque aínda me lembro de ti. Quizáis nin sequera é certo que haxa días nos que pense todo isto, ó mellor son días distintos porque os días, é certo, aínda que sexa un pouco, son sempre distintos. E tamén os hai moi diferentes os uns dos outros. Están aqueles nos que me da por pensar que non fago unha á dereita, que as miñas decisións e os meus plans son estúpidos e nada acertados e logo están aqueles nos que me decato de que non están tan mal, e tamén ó revés. Incluso hai días nos que esperto sen saber que farei nos vindeiros dous meses e me deito sabendo cal será o meu primeiro emprego, aínda que sexa en prácticas. Redactora de Galicia Hoxe. Soa ben. Gústame. Porque hai días que... merecen ser contados. E hoxe, noite especial, noite de lume e de desexos. Tamén noite de sardiñas.
domingo, junio 18, 2006
viernes, junio 16, 2006
Mr. Tambourine Man
miércoles, junio 14, 2006
miércoles, junio 07, 2006
Kay Graham también tenía miedo
